14/06/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
O pasado 25 de maio, o Ministerio de Medio Ambiente convocou a debate os diferentes sectores da sociedade española para concretar os aspectos que debe de atender a futura Lei do Cambio Climático e Transición Enerxética. Neste foro de debate participou a USC en concreto na mesa de Academia e Investigación. A profesora en produción vexetal da USC, Rosa Mosquera, explica para Radio Cerna que conclusións se tiraron neste grupo de discusión.
12/06/2017 [00:10:00] [9.22 MB]
En poucas semanas está previsto que se aprobe a nova Lei de Protección e Benestar dos Animais Domésticos proposta pola Xunta de Galiza. Porén, unhas 30 organizacións e protectoras de animais sen ánimo de lucro fan un chamado de urxencia para que se evite a aprobación da nova lei. Consideran que esta nova normativa só procura o lucro económico da problemática do abandono de cans e gatos, unha das principais formas de maltrato animal, e privar o labor que agora realizan sen ánimo de lucro centos de protectoras en todo o país. Alén disto, critican que este proxecto de lei supoña un retroceso na regulamentación dos dereitos dos animais abandonados e na súa protección.
09/06/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental do país nesta semana mundial do Medio Ambiente!
07/06/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
O pasado sábado constituíuse a primeira Rede do Patrimonio Cultural Galego, conformada nun principio por 54 colectivos, entidades, asociacións e grupos de investigación que traballan na defensa e promoción do noso Patrimonio Cultural de forma local ou sectorial. A iniciativa intentará suplir as dificultades coas que se atopan por si soas estas entidades na defensa deste ben común. Coñecemos o proxecto cun dos seus membros fundacionais.
05/06/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Hoxe é O Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano 2017, a ONU dedica esta conmemoración a reivindicar o achegamento físico das persoas á Natureza, conectar o ser humano co Natureza... Así quere reverter o progresivo afastamento que se está a dar entre nós e a Natureza, perdendo empatía coa contorna e mesmo a nosa propia identidade. Neste espazo de Radio Cerna abordaremos esta cuestión con algúns dos colectivos e entidades galegas que promoven o contacto das persoas coa Natureza. Queres saber se estás conectado/a coa Natureza?
02/06/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita o boletín de noticias sobre o medio ambiente galego de Radio Cerna. Nel, facemos o resumo da actualidade ambiental da semana que se encamiña cara ao Día Mundial do Medio Ambiente.