12/07/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Desde finais dos anos 80 os ríos galegos enfróntanse a unha nova ameaza: a ameixa asiática. Desde aquela a súa dispersión polos ríos galegos foi en aumento ata o día de hoxe que semella experimentar un estancamento. Noé Ferreira, investigador da Universidade Vigo, está a facer seguimento desta especie exótica invasora que se ten espallado sobre todo pola bacía do Miño-Sil e que pon en serios apuros aos mexillóns de río autóctonos. Ferreira estudou os factores dos que se beneficia a ameixa asiática para expandirse, non só por Galiza, senón tamén polo Norte de Portugal. Con el falamos...
10/07/2017 [00:10:00] [5.76 MB]
A relación "lumes e cambio climático" promete ser cada vez máis explosiva, e non só en termos metafóricos. Un estudo do CSIC realiza simulacións de modelos climáticos aplicadas ás áreas queimadas con maior frecuencia para establecer os posibles escenarios de futuro. Para Galiza e Portugal a simbiose entre estes dous factores é preocupante, xa que se prevé, nun escenario moderado, que as áreas queimadas polos lumes forestais se tripliquen de aquí a 2075.
07/07/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Neste espazo facemos repaso da actualidade ambiental galega, marcada polo debate sobre o eucalipto. Preme e escoita!
05/07/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
Os lumes de copa cada vez van ser máis frecuentes e intensos en Galiza. Un estudo do Centro de Investigación Forestal de Lourizán pon o foco no estudo dos lumes de copa relacionados con masas de piñeirais en Galiza e determina cales son as zonas con maior potencial do noso territorio para sufrir este tipo de fenómenos. Repasamos as conclusións deste estudo co seu autor, Chema Fernández.
03/07/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Nas últimas semanas, veñen sendo habituais nalgúns medios de comunicación informacións sobre trabaduras en Galiza de supostas víboras que acaban en ingresos hospitalarios. Mais, lonxe das apariencias, as mordeduras de víbora en Galiza adoitan ser casos moi excepcionais. O experto en hérpetos viperídeos, Fernando Martínez Freiría, móstranos a realidade das víboras no noso territorio e os riscos potenciais asociados á súa presenza.
30/06/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Rematamos o mes facendo repaso da actualidade ambiental do país. Escoita e infórmate!