26/07/2017 [00:10:00] [9.20 MB]
Rematamos a serie de espazos de Radio Cerna dedicados aos concellos galegos "libres de eucalipto" ou que teñen promovido nos últimos tempos accións destinadas a eliminar esta especie foránea do terreo municipal ou a substituíla por especies autóctonas. No espazo de hoxe abordamos a proposta do BNG para declarar Vilagarcía de Arousa libre de eucaliptos e a proposta que esta mesma formación apoiou en Bueu, concello que rexenta, malia ser formulada por outra formación, o Partido Son. O BNG dá conta da resposta recibida do Ministerio e da Comisión Europea ante a petición de incluír o eucalipto nos Catálogos de especies exóticas invasoras.
En resumo, os concellos galegos poden e deben tomar partido na xestión forestal de Galiza e nas políticas de prevención de incendios forestais. Exemplos como os que coñecemos nos últimos días demostran que é posible!
24/07/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Tamén algúns concellos rexentados por alcaldes socialistas se están animando a declararse "libres de eucaliptos". O concello de O Grove, con grandes extensións ocupadas por esta especie, vén de declararse como tal, co ánimo de ir reconvertendo progresivamente o monte do municipio á floresta autóctona, coa colaboración das comunidades de montes. Pola súa banda, o Concello de Ames impulsa a substitución de faixas de protección arredor das vivendas, mudando o solo ocupado por eucaliptos por especies arbóreas autóctonas e frutais.
21/07/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
En pouco tempo, descubre o que aconteceu no medio ambiente galego na última semana!
19/07/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Esta semana demos inicio a unha remesa de programas dedicados aos concellos galegos auto-declarados "libres de eucaliptos". Hoxe abordamos as propostas de dous concellos rexentados por alcaldes do PP: Folgoso do Courel e Pantón. A vindeira semana, falaremos de concellos gobernados por outras formacións políticas que tamén decidiron plantar cara ao eucalipto.
17/07/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Nos vindeiros días, neste espazo de Radio Cerna, falaremos con concellos galegos libres de eucaliptos. O primeiro municipio galego en rexeitar o eucalipto a través de normativa local foi o concello de Sober, que desde hai máis de 8 anos non admite en todo o termo municipal plantacións con esta especie. O concello de Sober, rexentado por un alcalde do PP, é unha das apostas locais máis decididas contra a proliferación desta especie.
14/07/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
Eucaliptos, patrimonio, camblio climático e mártires do ecoloxismo son algúns dos temas de actualidade que tratamos neste espazo resumo da actualidade ambiental de Galiza.