Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

15/09/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 15/09/17

A actualidade ambiental da semana en 10 minutos! Escoita Radio Cerna!

13/09/2017   [00:10:00]   [9.21 MB]

Mirada histórica aos lumes forestais en Galiza e no resto da Península

Un estudo do Centro de Investigación Forestal CIFOR-INIA do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade vén de publicar unha monografía sobre incendios forestais na España peninsular desde 1974 a 2010. Esta mirada histórica dos incendios na Península permítenos extraer datos relativos tamén ao número de incendios, hectáreas queimadas, índice de reincidencia ou territorios máis afectados na Península e, en particular, en Galiza, onde arderon 1,6 millóns de hectáreas, e só 50.000 Ha en Ourense. Este estudo tamén demostra que as especies arbóreas que máis arden son os piñeiros e os eucaliptos. Falamos co seu autor, Antonio Vázquez de la Cueva.

11/09/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Baterías para o autoconsumo enerxético no fogar

Pódese almacenar a enerxía renovable? As baterías de autoconsumo son unha solución eficiente? Só Tesla vende este tipo de baterías? Son asequibles para calquera fogar? Con que trabas se atopan estas baterías de litio en España? Nete espazo de Radio Cerna trataremos de resolver estas dúbidas e algunhas máis cun experto en autoconsumo e baterías de acumulación de enerxía renovable.

08/09/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 08/09/17

Coñece con Radio Cerna a actualidade ambiental da última semana!

06/09/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

A matogueira pode frear o avance das acacias ou mimosas

O mato frea a acacia ou mimosa. É a conclusión á que chega un estudo da Universidade de Vigo sobre o comportamento da acacia amarela ou mimosa en solos galegos, nomeadamente de piñeirais e matogueiras, en zonas non urbanas ou consideradas "non perturbadas" pola actividade humana. A mimosa é unha das especies exóticas invasoras máis perigosas que habitan no noso territorio.

04/09/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

O movemento ecoloxista sobre a masificación das Cíes

Para os colectivos ecoloxistas representados no Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o que acontece todos os veráns nas Illas Cíes, a masificacióin turística e a sobrevenda de billetes non cae de sorpresa. Desde 2011 veñen alertando ao Padroado e á Dirección do Parque da situación. Agora confían en que o problema se reverta e se aprobe dunha vez por todas o Plan de Xestión e Usos do Parque, o instrumento polo que se deberían regular as visitas. Advirten ademais da falta de regulación sobre o número de visitas que teñen as demais illas do Parque.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal