08/11/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Seguimos abordando a cuestión da seca en Radio Cerna. Hoxe entrevistamos ao director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, responsable da xestión das bacías de Galicia-Costa, quen pide responsabilidade á cidadanía á hora de consumir auga.
06/11/2017 [00:10:00] [9.19 MB]
A escaseza de chuvia durante todo o ano 2017 fai que comece o presente ano hidrolóxico con alerta por seca en 6 sistemas da bacía Galicia-Costa e en toda a bacía do Miño-Sil. Despois dos incendios esta é a maior crise ambiental que está a sufrir o noso país nos últimos meses. Esta semana entrevistamos en Radio Cerna aos máximos responsables en Galiza da xestión dos nosos recursos hidricos. Desta volta falamos co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín.
03/11/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novas ambientais máis destacadas desta semana con Radio Cerna, un programa de medio ambiente e ecoloxía que che ofrece ADEGA!
30/10/2017 [00:10:00] [9.16 MB]
A través do proxecto de innovación docente "Plantando cara ao lume", a Universidade de Santiago de Compostela está a formar aos primeiros voluntarios e voluntarias con capacitación suficiente para participar nos labores de restauración de montes queimados que leve a cabo a Xunta de Galiza. É o primeiro programa, ata agora coñecido, que apoia a Xunta co obxectivo de crear un dispositivo oficial de voluntariado contra o lume, despois da última vaga de lumes. A última experiencia similar tivo lugar en 2006, baixo o nome de Voluntariado en Defensa de Monte Galego, que deixou de funcionar co cambio de goberno autonómico. Agustín Merino, coordinador do proxecto "Plantando cara ao lume" mostra neste espazo que obxectivos persegue este programa formativo universitario e como se está a desenvolver.
27/10/2017 [00:10:00] [5.72 MB]
Repasamos a actualidade ambiental de Galiza, na que os lumes seguen sendo o centro de atención. Coñécea!
25/10/2017 [00:10:00] [5.76 MB]
A directora do Grupo de investigación sobre a Ecoloxía do Lume da Universidade de Santiago (USC) explícanos que se debe e non se debe facer de forma inmediata nos terreos queimados.