22/11/2017 [00:10:00] [9.19 MB]
Unha das antigas minas que se pretenden reabrir en Galiza é a de San Finx en Lousame. Para poder explotar de novo, Sacyr debe conquerir o permiso de Augas de Galicia para poder verter ao rego San Fins preto de 1 millón de m3 de augas mineiras que se concentran nas vellas balsas. Pero agora a Fiscalía de Medio Ambiente traslada dilixencias ao xulgado para que este investigue se houbo un posible delicto penal na autorización da súa reapertura, á raíz da denuncia de colectivos sociais e ecoloxistas que sinalan que a mina xa está a verter augas ácidas e contaminadas ao rego San Fins, podendo estar prexudicando xa mananciais e a ría de Noia.
20/11/2017 [00:10:00] [5.73 MB]
Veciños e veciñas de Touro e O Pino mobilízanse en contra do proxecto de reapertura e ampliación da mina de cobre de San Rafael S.L., que ocuparía preto de 700 Ha entre estes dous concellos. O anuncio do proxecto caeu como unha xarra de auga fría entre a vecindade que xa está a recabar numerosos apoios sociais en contra da explotación mineira. Consideran que o impacto é totalmente inasumible a nivel ambiental, sanitario, social e económico. Rubén Souto, membro da plataforma Mina NON lembra que os veciños aínda están sufrindo os efectos da antiga mina, que pechou en 1986.
17/11/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Coñece con nós a actualidade ambiental galega da última semana, marcada polo XV aniversario da catástrofe do Prestige, os incendios ou a seca.
15/11/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Este proxecto europeo, promovido polas universidades de Santiago e A Coruña, xunto coa colaboración da Deputación de Lugo e de 12 concellos, será o primeiro en ensaiar o pago ás comunidades locais polos servizos ambientais dos espazos naturais protexidos. O obxectivo principal do proxecto será a conservación dos brezais e turbeiras protexidas da Serra do Xistral e procurar a compatibilidade cos aproveitamentos tradicionais da zona. Tamén se prevé a eliminación de especies foráneas.
13/11/2017 [00:10:00] [9.18 MB]
Galiza, Asturias e Norte de Portugal pretenden recuperar os corredores fluviais dos seus espazos naturais protexidos a través do Life Fluvial, un proxecto transnacional impulsado por diversas institucións de investigación e de goberno que permitirá realizar actuacións de reparación natural nas ribeiras protexidas. Unha desas actuacións será a eliminación de acacias e eucaliptos na ría do Eo. Estará coordinado polo Instituto de Biodiversiade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER).
10/11/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Queres coñecer a actualidade ambiental da semana en Galiza? Os últimos días deixaron no prelo informativo: novos datos sobre incendios, imputacións ou presuntos delitos ambientais avaliados na Fiscalía, entre outros temas.