Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

15/12/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 15/12/17

Neste espazo de Radio Cerna informámosche da actualidade ambiental de Galiza. Quérela coñecer?

13/12/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

X. Ramón Vidal-Romaní: "O pai dos nosos ríos é o Sil, non o Miño"

A Univerdidade da Coruña nomeou recentemente como profesor emérito ao xeólogo Xoán Ramón Vidal-Romaní, tamén director do Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal". Na súa lección derradeira, Vidal-Romaní fixo un repaso a máis de 1.000 millóns de anos da historia de Galiza. A súa traxectoria académica achegou, sobre todo, un maior coñecemento sobre o noso territorio na Era Cuaternaria e foi o descubridor de Elba, o resto humano máis antigo atopado en Galiza.

11/12/2017   [00:10:00]   [9.18 MB]

O campo de golf de Baiona: do proxecto á realidade?

O concello de Baiona impulsa o complexo turístico e deportivo "As Costeiras" co gallo de reclamar turismo fóra da época estival. Entre as actuacións, prevese a creación dun campo de golf de 18 buratos en 70 ha da Serra da Groba. Desde o verán, o proxecto colleitou unha grande oposición social e veciñal pola potencial afectación do complexo aos recursos hídricos da zona, ao monte comunal e ao patrimonio cultural da zona.

04/12/2017   [00:10:00]   [5.75 MB]

Miguel de MEL sae do cárcere e conta a súa experiencia en primeira persoa

O pasado mércores, Miguel Martínez, o primeiro detido e encarcerado pola vaga de incendios de outubro e membro fundador do Movemento Ecoloxista da Limia, saíu da cárcere de Pereiro de Aguiar. Durante as 5 semanas que estivo en prisión incondicional, a súa familia, amizades e máis de 20 colectivos ecoloxistas denunciaron publicamente o trato desproporcionado que estaba a recibir Miguel , tratado como terrorista ambiental, cando a causa do lume de 1 Ha na súa parcela se debeu a unha imprudencia e non a un acto deliberado. Un día despois da súa saída, Miguel concedeu unha entrevista a Radio Cerna que reproducimos a continuación.

01/12/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 01/12/17

Se queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza, escoita este espazo. Só tardarás en coñecela 10 minutos!

29/11/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

Viaxe a Bruxelas para denunciar a destrución do patrimonio pola industria do eucalipto

Uns 18 colectivos galegos viaxarán a vindeira semana a Bruxelas para denunciar ante o Parlamento europeo a destrución do patrimonio arqueolóxico por mor da industria do eucalipto. A delegación galega está convidada pola europarlamentaria Lidia Senra aproveitando que o vindeiro ano 2018 se pretende declarar pola UE como Ano do Patrimonio Cultural. Un dos colectivos convidados é Mariña Patrimonio, que apunta responsabilidades contra ENCE e a Xunta de Galiza.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal