17/01/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
A cidade de Ferrol vén de outorgar a súa insignia de ouro a ADEGA pola súa traxectoria na defensa ecolóxica de Galiza durante máis de 40 anos. Achegámonos neste espazo ao traballo que desenvolveu e que aínda está a desenvolver o colectivo ecoloxista ADEGA na comarca de Ferrolterra-Trasancos.
15/01/2018 [00:10:00] [9.21 MB]
O carballo galego é o máis cobizado polas destilarías irlandesas para almacenar o seu whisky. Proba disto é o convenio que nos últimos anos manteñen Irish Destillers co grupo de investigación Biomodem, do Campus Terra de Lugo, para procurar carballeiras galegas con certificación forestal e aptas para o uso toneleiro. Radio Cerna dá conta desta experiencia, que está a desmontar varios mitos sobre o carballo galego e outras especies autóctonas.
12/01/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Neste espazo recollemos as novas ambientais máis sobresaíntes da última semana en Galiza. Escoita o resumo informativo ambiental de Radio Cerna!
10/01/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
A plataforma Stop Velutina, a través de todos os grupos parlamentarios da oposición, presentou unha proposición non de lei para instar a Xunta a tomar medidas máis efectivas contra a avespa velutina. Porén, a proposta non saiu adiante polos votos en contra do PP, partido maioritario na Cámara. Stop Velutina advirte que da eficacia das medidas a tomar depende a supervivencia do sector apícola en Galiza e do mel galego. Se queres coñecer a súa proposta, escoita este espazo!
08/01/2018 [00:10:00] [6.90 MB]
Pladever, a plataforma na defensa do Río Verdugo, rexorde para reivindicar un cambio de modelo de xestión de auga e unha planficación de cara á eficiencia e ao aforro de auga na comarca de Vigo. Nunha recente mobilización que acabou no encoro de Eiras, centos de persoas reclamaron de novo a retirada do proxecto de transvasamento do río Verdugo ao encoro que abastece de auga á poboación da comarca viguesa.
05/01/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Coñece con Radio Cerna as novas máis destacadas desta semana na actualidade sobre o medio ambiente e a ecoloxía galega.