18/04/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
Nun momento no que o debate sobre o eucalipto rexorde con forza nacen as brigadas deseucaliptizadoras. A asociación ecoloxista Verdegaia crea esta figura de voluntariasdo para eliminar as especies invasoras, como eucaliptos ou acacias, nas parcelas ou montes galegos nos que os/as titulares propietarios/as dean permiso. Os grupos de traballo serán locais ou comarcais. As primeiras brigadas deseucaliptizadoras actuarán nos montes de Froxán (Lousame) esta fin de semana.
16/04/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
A Organización Galega de Montes Veciñais en Mancomún (ORGACCMM) convoca para o vindeiro domingo, 22 de abril, unha manifestación en Santiago de Compostela por un Plano Forestal para un medio rural vivo. Tamén para reivindicar a titularidade comuneira dos montes veciñais, algo que está en risco desde as últimas modificacións lexislativas feitas pola Xunta de Galiza. Os comuneiros e comuneiras temen que lles rouben o monte a favor das empresas forestais, mineiras ou enerxéticas.
13/04/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
Coñece con Radio Cerna a información máis actual sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. Este venres facemos repaso!
11/04/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Ocultar información ambiental e ser pouco transparentes por parte das administracións públicas implica incumprir o Convenio Aarhus, un convenio internacional que dota de dereitos aos cidadáns para poder acceder a este tipo de información e participar nas decisións relativas a cuestións ambientais. Recentemente, varios colectivos da plataforma Contraminacción conseguiron que a ONU admitise a trámite unha queixa contra a Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galiza por impedir o acceso a información relativa a expedientes administrativo de explotaciońs mineiras. Agora a ONU chama a contas, non só á Xunta de Galiza, senón tamén ao Ministerio de Medio Ambiente, para que expliquen cales foron as razóns que motivaron esa falta de transparencia. Cóntanos os detalles Ana Varela, membro da asociación Petón do Lobo.
09/04/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
Para recuperar calquera territorio agredido ambientalmente fan falta recursos, pero sobre todo, vontade. É a lección que nos está a deixar a Comunidade de Montes veciñais de Froxán (Lousame) que vén de sumar a outros recoñecementos pola súa xestión ambiental o Premio Internacional European Outdoor Conservation Association. Este novo galardón permitirá á comunidade de Froxán recuperar unha turbeira e 20 hectáreas de terreo, agora cobertas de eucaliptos e acacias, con especies arbóreas autóctonas e non invasivas.
06/04/2018 [00:10:00] [6.90 MB]
Informámoste das novidades dos últimos días no noso país en materia ambiental. Escoita este boletín informativo ambiental de Radio Cerna!