Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

11/09/2025   [10:00:00]   [12.52 MB]

Boletín informativo ambiental 12/09/25

ADEGA reúnese coa Xunta para instala a actuar xa na prevención da erosión e recuperación ecolóxica das zonas ardidas e, en especial, dos espazos protexidos. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, relaciona os lobos cos incendios forestais. O sector apícola, un dos máis castigados polos incendios. E nas rúas, Compostela acollerá este domingo unha gran manifestación contra a xestión forestal da Xunta de Galiza. Un estudo internacional sobre clima asegura que o cambio climático fixo 40 veces máis probables e un 30% máis intensas as condicións que alimentaron os incendios na península. Todo isto e máis, en Radio Cerna! 

04/09/2025   [10:00:00]   [12.59 MB]

Boletín informativo ambiental 05/10/25

A Xunta de Galiza notifica un total de 111.000 hectáreas as arrasadas polo lume no que vai de ano. Falamos de macroincendios alimentados pola acumulación de combustible vexetal en montes abandonados, pola falta de ordenación forestal e polas condicións derivadas do cambio climático. A resposta política da Xunta de Galiza a esta crise está a ser amplamente criticada, tanto pola oposición parlamentaria como nas propias rúas, onde hai convocada unha nova mobilización para o próximo 14 de setembro. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

07/08/2025   [10:00:00]   [12.62 MB]

Boletín informativo ambiental 08/08/25

Galiza loita contra a primeira vaga de incendios forestais do verán. A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre os proxectos eólicos non repercutirá na maioría das paralizacións cautelares de parques acadadas pola cidadanía. A Xunta concede a autorización ambiental integrada á planta de fibra branqueada que Ence proxecta construír nas Pontes. Impulsa Galicia, a sociedade público-privada promovida pola Xunta e impulsora de proxectos como o de Altri, anuncia a súa disolución. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

17/07/2025   [10:00:00]   [12.68 MB]

Boletín informativo ambiental 18/07/25

Unha sentenza histórica do TSXG condena a Xunta e o Estado por vulnerar dereitos fundamentais ao permitir a contaminación do encoro das Conchas, no río Limia. Conclúe a misión científica do buque francés LAtalante, que identificou máis de 3.500 bidóns radioactivos afundidos fronte á costa galega. Confi xa non está. O arroaz solitario que durante cinco anos frecuentou as augas galegas, especialmente nas rías de Muros-Noia e máis recentemente na de Ferrol, desapareceu, e todo apunta a que faleceu tras sufrir un accidente mortal. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

10/07/2025   [10:00:00]   [12.86 MB]

Boletín informativo ambiental 11/07/25

Medra a polémica arredor da opacidade da Xunta no proceso que abriu as portas de Galiza á empresa portuguesa Altri. Tamén hai novidades respecto do outro gran proxecto que centra, canda Altri, a protesta social en Galiza: a mina de Touro-O Pino. Ecoloxistas en Acción vén de presentar no xulgado un informe que acredita a situación de quebra da promotora, Cobre San Rafael. Ademais, ADEGA pon a disposición da cidadanía modelos de resposta para os requirimentos que está mandando a Xunta a numerosas persoas alegantes do proxecto. Igualmente, ADEGA mostra o seu rexeitamento frontal á proposta do Concello de Poio para o espazo natural da Illa de Tambo, que pretende urbanizala e podería convertela nun parque temático. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

03/07/2025   [10:00:00]   [12.87 MB]

Boletín informativo ambiental 04/07/25

Unha expedición científica francesa vén de localizar arredor de 1.800 bidóns con residuos radioactivos no fondo mariño do Atlántico, a 650 km da costa galega. Comeza a tempada de alto risco de incendios forestais con menos persoal dispoñible para extinción, nun contexto no que se prevé un verán máis cálido do normal. Ao tempo, Bruxelas suaviza a súa política climática e abre a porta a compensar emisións fóra da Unión Europea. Un novo gromo de botulismo volve afectar á lagoa da Congorza, en Cangas, e causa a morte de varias aves. E rematamos en Lugo, onde ADEGA lanza unha campaña na defensa dos ríos fronte á urbanización. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal