02/05/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
A formación é funddamental para desenvolver calquera proxecto de voluntariado ambiental. Por iso ADEGA e Proxecto Ríos organizar o XXVII Curso de Formación de voluntariado en ríos o vindeiro sábado 5 de maio na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa). A formación que se impartirá tratará sobre xeomorfoloxía fluvial e sobre o proxecto QuiroRíos.
30/04/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Amigos da Terra publica un informe no que analiza a problemática ambiental e na saúde do uso de envases de plástico para uso alimentario. Ademais axudan ao consumidor/a a tomar decisións ambientalmente máis xustas á hora de mercar alimentos e alentan ás administracións a tomar medidas. En Galiza tan só se recupera o 11% dos residuos plásticos.
27/04/2018 [00:10:00] [6.86 MB]
Escoita Radio CERNA e entérate do que pasa no medio ambiente galego!
25/04/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Un estudo da Universidade de Oviedo dirixido polo galego Pedro Álvarez-Álvarez confirma que o castiñeiro é unha especie que non foi introducida polo Imperio Romano, senón que xa estaba na rexión noroeste da Península, incluída Galiza, milleiros de anos antes da chegada dos romanos. Este dato podería mudar o estado de conservación da especie autóctona en Asturias e Galiza, e desbotar do discurso académico a errada comparativa que se fai entre o castiñeiro e outras especies de orixe foránea.
A investigación ademais demostra que o castiñeiro é unha especie plástica ás mudanzas climáticas e, por tanto, resistente ao cambio do clima cara a temperaturas máis elevadas. A Universidade de Oviedo certifica que Asturias e Galiza foron en Europa o refuxio do castiñeiro hai 6.000 anos, no Holoceno medio, cando as temperaturas eran máis elevadas que hoxe en día. Radio Cerna entrevista ao director do estudo.
23/04/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Un fallo do tribunal do contencioso administrativo da Coruña avala a decisión do Concello de rescindir o contrato coa empresa concesionaria da Feira Taurina. Tauro Siglo XIX alegou no seu recurso que a Tauromaquia é un ben de interese inmaterial que hai que promover e conservar. Sen embargo, o tribunal dálle a razón ao Concello por razóns de interese xeral. A sentenza podería marcar precedente.
20/04/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
Convidámoste a coñecer as novas máis relevantes que atinxen ao medio ambiente galego. Escoita este espazo de información ambiental.