Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

13/06/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

A guía galega de mobilidade sostible da Deputación de Pontevedra

A Deputación pontevedresa intentar suplir a falta de actualización e información sobre as novas formas de mobilidade sostible, baseadas na experiencia coa publicación dunha nova guía de mobilidade sostible. A institución define o manual como "a mellor guía do mundo" en mobilidade sostible. Descubrimos algunhas das principais fórmulas de mobilidade amable que propón este manual para o ámbito urbano co vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera.

11/06/2018   [00:10:00]   [6.91 MB]

A Xustiza de Castela podería condicionar a caza do lobo en Galiza

Nos últimos dez anos, varios colectivos ecoloxistas manteñen unha batalla xudicial co goberno autonómico de Castela e León pola súa xestión do lobo ibérico e polas súas leis de caza. A novidade é que ASCEL (Asociación para a conservación do lobo ibérico) vén de conseguir un fito: que se suspenda en toda Castela e León a caza do lobo. Unha suspensión cautelar da actividade cinexética contra esta especie mentres o Tribunal Supremo non se pronuncia sobre a legalidade da disposición da Xunta de Castela pola que se permite cazar ata 143 lobos ao ano. O auto que dita a suspensión cautelar da caza e as posteriores sentenzan que se deriven poderían sentar precedente e influír na xestión do lobo noutros territorios do Noroeste peninsular, como o galego.

08/06/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 08/06/18

Repasamos a actualidade ambiental que nos deixa unha semana de cambios, na que destaca o nomeamento da nova ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

06/06/2018   [00:10:00]   [6.89 MB]

Mina Touro-O Pino NON: "A mina destruiría a nosa forma de vida, non é unha zona abandonada"

As persoas afectadas de forma máis directa polo pretendido proxecto mineiro de cobre de Atalaya Mining, a veciñanza de Touro e do Pino, alzan á súa voz contra a mina, que consideran a maior ameaza do seu medio de vida e do seu benestar. "Non queremos unha herdanza envelenada" é a proclama que encabezarán na manifestación do vindeiro domingo, 10 de xuño, en Santiago de Compostela, nunha mobilización social que pretende encher a Praza do Obradoiro. A poucos días de realizarse esta entrevista, ADEGA daba a coñecer un informe de Augas de Galicia no que se conclúe que practicamente a totalidade dos cursos de auga que rodean a antiga explotación de cobre amosan contaminación por metais pesados e alta acidez.

04/06/2018   [00:10:00]   [6.91 MB]

Xaquín Rubido: "Sacrificar o río Ulla e a Ría de Arousa por unha mina non é política de altura"

O vindeiro domingo 10 de xuño, coincidindo coa Semana do Medio Ambiente, o ecoloxismo galego xunto con outros colectivos sociais conformados na Plataforma na Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e na Plataforma veciña Mina Touro-O Pino NON, botaranse á rúa para pedir ao goberno galego que rexeite a mina. Temen que a aprobación do proxecto mineiro sexa inminente e apelan ao apoio da sociedade galega para frealo coa idea de encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Neste programa, o voceiro de PDRA, Xaquín Rubido, fálanos das consecuencias que tería a megamina de cobre para a Ría de Arousa.

01/06/2018   [00:10:00]   [6.86 MB]

Boletín informativo ambiental 01/06/18

Entramos no mes de xuño dando conta da actualidade ambiental do país máis destacada. Coñécea!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal