Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

27/07/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 27/07/18

Recollemos a información ambiental que nos deixou esta última semana a nosa terra galega e volcámola neste espazo de radio de 10 minutos. Está á túa disposición. Preme e escoita!

23/07/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

Planta de residuos de Toysal: o proxecto que a veciñanza de Teo quere frear

Ao rexeitamento social contra o vertedoiro de Grixoa e da mina de Touro súmase a negativa veciñal á unha nova instalación de residuos na mesma comarca, no lugar de Casalonga, no concello de Teo. Un proxecto que se presenta como planta de reciclaxe de residuos de orixe animal, puríns e lodos e que os veciños temen que mude nun vertedoiro máis na comarca de Compostela. A plataforma Casalonga Limpa de Residuos encabeza esta oposición social á que tamén se suman o concello de Teo e outros concellos limítrofes. O debate actual está en como se pode parar a tramitación do proxecto antes de que acade a avaliación ambiental integrada por parte da Consellaría de Medio Ambiente.

20/07/2018   [00:10:00]   [6.86 MB]

Boletín informativo ambiental 20/07/18

As últimas novidade no ámbito enerxético ou forestal de Galiza aquí en Radio Cerna! Escóitanos!

18/07/2018   [00:10:00]   [6.93 MB]

Elnosa despídese da Ría de Pontevedra e APDR apela á cautela

Elnosa, a fábrica electroquímica de Ence, situada no complexo industrial de Lourizán, dentro da ría de Pontevedra, despídese da ría. A dirección da empresa vén de anunciar esta despedida a causa da falta de resposta da D.X. de Costas do Estado á súa solicitude de prórroga de actividade en Lourizán. APDR acolle a nova con cautela e di que, de confirmarse a saída de Elnosa o vindeiro 29 de xullo, sería o preludio da marcha de Ence da ría de Pontevedra.

16/07/2018   [00:10:00]   [6.91 MB]

A maior catástrofe ambiental do río Barbaña a xuízo

Hai 9 anos, o río Barbaña, de San Cibrao das Viñas, sufría a súa peor catástrofe ambiental. Un vertido industrial provocaba a morte duns 17.000 peixes e deixaba o río contaminado con metais pesados durante varios anos. Malia que aínda se descoñece a orixe do vertido, o caso está a ser xulgado nos tribunais do penal de Ourense. A fiscallía de medio ambiente pide varios anos de cárcere para tres responsables da empresa xestora da depuradora de San Cibrao, a cal supostamente non dispoñía dos requirimentos necesarios para afrontar este tipo de vertidos. A plataforma "Ríos Limpos" constituída por colectivos e veciñanza afectada conseguiu finalmente que o caso chegase aos tribunais logo de varios intentos fallidos. 

13/07/2018   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 13/07/18

O peche de Elnosa, a comisión de investigación do sinistro do Alvia, ou o pronunciamento da Xunta sobre a mina de Touro-O Pino,  serán entre outras as novas de actualidade ambiental de Galiza que atoparás neste espazo promovido pola asociación ecoloxista ADEGA. 

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal