Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

12/09/2018   [00:10:00]   [6.89 MB]

Os morcegos forestais e o leirón cinsento, poboacións estables no Parque do Invernadoiro

ADEGA e Sorex están a facer o seguimento das poboacións de leirón cinsento e de morcegos forestais no Macizo central de Ourense, en concreto no Bidueiral de Montederramo e no PN do Invernadoiro. Son micromamíferos nocturnos, especies bioindicadoras, que dependen dos bosques e da noite. O obxectivo do estudo é avaliar a evolución das súas poboacións que, segundo os primeiros datos, semellan estables.

10/09/2018   [00:10:00]   [6.89 MB]

Folga dos axentes forestais e medioambientais: "A Xunta non está garantindo un servizo público"

A Asociación de Axentes Forestais e Medioambientais (APRAFOGA) da Xunta de Galiza permanece en folga desde o 1 de agosto, ainda que, por imperativo da Xunta, os servizos mínimos son do 100%. O corpo galego de "policía" ambiental advirte que da calidade do seu traballo depende unha eficaz defensa do medio ambiente galego, algo que non se pode ofrecer nas condicións actuais. Piden a renovación do convenio laboral, a redacción dun novo regulamento da súas funcións e a ampliación do plantel, entre outras demandas. UXT e CIG anuncian que seguirán facendo presión.

07/09/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

Boletín informativo ambiental 07/09/2018

Recuperamos o hábito de repasar a actualidade ambiental galega da semana. Non o perdas!

05/09/2018   [00:10:00]   [6.91 MB]

A Sociedade Galega de Historia Natural cumpre 45 anos

O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Serafín González, repasa con Radio Cerna a historia e fitos deste colectivo galego de defensa ambiental con motivo do seu 45 aniversario. Tamén valora a evolución da conciencia ambiental da sociedade galega.

03/09/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

As obras do AVE: 5 anos contaminando o río Támega

Nos últimos 5 anos, o río Támega, ao seu paso por Laza, sofre continuos episodios de contaminación procedente das obras do tren de alta velocidade. Malia ás denuncias ecoloxistas e ás sancións xa interpostas contra as empresas que constrúen o AVE nada cambiou. O Támega é ademais un espazo natural protexido como ZEC, LIC e Zona de Rede Natura. Á vista da pasividade das administracións, ADEGA-Monterrei convocou o pasado 9 de agosto unha marcha reivindicativa en Cerdedelo (Laza) co obxectivo de reclamar que dunha vez por todas freen os vertidos e se adopten cautelas medioambientais nas obras do AVE.

30/07/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

A UE eleva o límite de gas radon nas vivendas e amplíase o mapa galego

Neste ano 2018 entra en vigor a directiva europea que eleva de 200 a 300 bq/m3 o nivel de concentración de gas radon permitido en vivendas. A medida afecta especialmente a Galiza, onde se concentra o 33% das medicións deste tipo de radioactividade. Paralelamente, o laboratorio de radon de Galiza vén de ampliar o mapa galego de gas radon. Sen embargo, malia a albiscarse avances na normativa, os gobernos galego e estatal seguen sen tomarse en serio este problema, que para a nosa saúde representa o segundo factor de risco de cancro de pulmón.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal