26/10/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
Coñece a actualidade máis destacada sobre o ecoloxismo e o medio ambiente galego. Repasamos as novidades da semana.
24/10/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Catro alumnos do Instituto Politécnico de Santiago de Compostela idean unha trampa para velutinas elaborada con impresora 3D que consegue atrapar só esta especie foránea, deixando libres os demais insectos. Trátase dunha trampa selectiva denominada Open Source Velutina (OSV), de código aberto, que se pode construír desde a casa e cuxo deseño se pode descargar desde a web http://malditohimenoptero.ga, e mesmo se pode modificar.
22/10/2018 [00:10:00] [6.86 MB]
Estudosos da avespa velutina advirten que algunhas das estratexias que se están a levar a cabo para frear a expansión da avespa velutina non teñen probada a súa eficacia e que poderían ter efectos secundarios prexudiciais para o medio ambiente. Radio Cerna pregunta a algúns destes expertos sobre a eficacia do trampeo masivo e da retirada dos niños da especie.
19/10/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
Repasamos a actualidade ambiental galega en 10 minutos! Non o perdas!
17/10/2018 [00:10:00] [6.90 MB]
O vindeiro venres e sábado, 19 e 20 de outubro, terá lugar en Galiza a VII Limpeza simultánea das praias galegas, organizada por ADEGA. O voluntariado ambiental sairá de novo ao litoral galego para recoller residuos que están a facer un grave dano á nosa fauna mariña e á contorna ambiental, pero que tamén acabamos inxerindo as persoas a través da cadea alimentaria. Itziar Díaz, educadora ambiental de ADEGA, dá conta dos detalles da actividade neste espazo de Radio Cerna.
15/10/2018 [00:10:00] [6.91 MB]
Ambas entidades entenden que existen suficientes indicios de delito penal para que a Fiscalía denuncie a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta nos xulgados. Presentaron ante o Ministerio Fiscal varias denuncias que poñen en cuestión a actuación do funcionariado público deste departamento e destacan o caso de destrución do Castro de Trinidade-Flores de Mondoñedo. Neste espazo recóllese parte das declaracións vertidas en rolda de prensa por representantes de ADEGA e Mariña Patrimonio.