28/12/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Facemos o último repaso semanal da actualidade ambiental deste ano 2018, aquí en Radio Cerna. Coñece como despide o ano o medio ambiente galego.
26/12/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
O cambio climático xa está a afectar ás nosas árbores. Estudos da USC están a valorar cales poden ser os seus efectos sobre o carballo común galego e o rebolo ou cerquiño, máis propio da provincia de Ourense e do Baixo Miño, a través da dendrocronoloxía. O profesor de botánica e experto na evolución das especies forestais ante os cambios do clima, Ignacio García, diranos se o carballo galego resistirá o reto.
21/12/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Este espazo ofréceche a información ambiental galega máis actual.
19/12/2018 [00:10:00] [6.91 MB]
ADEGA realizou, co apoio da Fundación Biodiversidade, máis de 15 actividades de custodia do Sobreiral do Arnego durante 2018, que se dividiron en actividades de divulgación e de intervención: bioblitz de flora e fauna, construción de refuxios, plantación de sobreiras, eliminación de especies exóticas invasoras, etc. O Sobreiral do Arnego é un espazo de Rede Natura conformado por parcelas de particulares, algúns dos cales teñen asinado proxecto de custodia con ADEGA.
17/12/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Cada vez máis especies exóticas invasoras aparecen nos nosos ríos prexudicando a biodiversidade propia e creando, mesmo, problemas de saúde pública. O proxecto europeo Life-Invasaqua promovido por entidades, colectivos, institucións e centros de investigación de toda a Península, elaborará un plan contra as especies exóticas de augas continentais. A Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con da Universidade de Santiago de Compostela participa neste proxecto europeo con finalidades concretas, que coñeceremos co seu director Fernando Cobo.
14/12/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Coñece a actualidade ambiental galega con Radio Cerna. Resumímola en 10 minutos!