11/01/2019 [00:10:00] [6.87 MB]
Coñece a actualidade ambiental galega da última semana, aquí en Radio Cerna!
09/01/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
A consultora Sinerxia desenvolve o proxecto Ecobios de Emprego verde que intenta fomentar postos de traballo respectuosos co medio natural en 3 Reservas da Biosferas, 2 delas galegas: As Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo (Galiza); Eo-Oscos-Burón (Galiza-Asturias) e Monfragüe (Estremadura). O proxecto desenvolverase a través do programa Emprega Verde da Fundación Biodiversidade. Ecobios dirixirá a súa formación aos sectores produtivos de carácter ecolóxico.
07/01/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
A plataforma antiencoro do río Umia volve a reclamar o derrubo do encoro da Baxe para eliminar o risco ambiental e para a saúde das persoas que xera a toxicidade das augas encoradas. Desde 2006, a cianobacteria microcystis reaparece regularmente no encoro da Baxe de Caldas de Reis sen que ata o momento se teña atopado outra solución para eliminala. Desde a plataforma reclámase á Comisión de peticións europeas que retome o procedemento por infracción que se abrira en 1998 contra o Estado español polo incumprimento do proxecto de dúas directivas europeas. Aluden á falta de utilidade pública do encoro e chaman a atención, pola contra, na súa incidencia sobre a saúde das persoas.
04/01/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
Escoita o primeiro boletín informativo ambiental de Radio Cerna do ano 2019. Repasamos a actualidade ambiental da última semana, aquí, en Galiza.
02/01/2019 [00:10:00] [6.90 MB]
Hoxe abordamos a segunda parte do repaso aos contidos ambientais recollidos en Cerna durante 2018, relativas ao cambio climático, auga, biodiversidade ou especies invasoras. Preme e escoita...
31/12/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
No derradeiro día de 2018, Radio Cerna fai repaso dos acontecementos máis relevantes do medio ambiente e da ecoloxía de Galiza que tiveron lugar durante este último ano e que foron tratados neste espazo de radio. Escoita a primeira parte do noso balanzo do ano 2018!