04/02/2019 [00:10:00] [6.91 MB]
A contaminación por nitratos das augas da comarca da Limia aumentou nos últimos tres anos un 39%. Unha inxente cantidade de xurros e puríns, procedentes das granxas de produción intensiva de carne, estanse a acumular sobre o terreo, a cano libre e sen ningún tipo de control, segundo o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL). Entrevistamos ao voceiro deste colectivo, Manuel García, para coñecer cal é a situación de contaminación que se está a vivir na Limia e que resposta se está a dar por parte das administracións públicas a esta problemática.
01/02/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
O peche de Meirama, os novos parques eólicos de Galiza, a xestión de residuos orgánicos e a aparición de novas plataformas son algúns dos temas ambientais desta semana. Á túa disposición, este resumo da actualidade ambiental galega.
30/01/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
A chegada de xabarís ás contornas urbanas está a obter notoriedade nas redes sociais e na prensa. Nalgúns lugares como no concello de Lugo xa se dispuxeron medidas de control para evitar estas incursións nas zonas urbanas, pero ningunha administración competente deu explicacións sobre os problemas que estas incursións estaban a xerar para a cidadanía nin tampouco en que datos se xustifica o sacrificio destes animais. A plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre (Con-Ética) xorde como resposta á alarma que se está a crear na sociedade e a falta de solucións non letais ou cruentas con estes animais.
28/01/2019 [00:10:00] [6.87 MB]
Desde o pasado mes de decembro máis de 10 baleas teñen varado nas costas galegas. O seu achegamento ás nosas costas nos últimos anos propicia tamén a aparición de maior número de varamentos destes animais. A CEMMA, Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, explícanos que causas pode haber detrás do achegamento das baleas ás costas galegas.
25/01/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
Neste espazo de radio facemos repaso da actualidade ambiental galega. Nesta semana Sogama anuncia unha rebaixa no canon de residuos, publícase o novo proxecto da planta de lixo de Nostián (A Coruña) e danse novidades con respecto ás cacerías de raposo. A fauna salvaxe volveu ser protagonista nos últimos días.
23/01/2019 [00:10:00] [6.87 MB]
A asociación ecoloxista ADEGA fai balance do ano 2018 e sinala cales foron os fitos no eido ecoloxista. Entre os principais temas destaca a ILP do Bosque, a mina de Touro-O Pino, proxectos de custodia ou a defensa de especies emblemáticas. Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA, ofrece os detalles.