18/02/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
O caos urbanístico de Barreiros non ten un responsable penal. Así o sentenza o fallo do tribunal do penal número 2 de Lugo, que absolve do presunto delito de prevaricación ao alcalde, a arquitecta e ao equipo de goberno municipal de 2006. Tras 12 anos de agarda, a sentenza foi decepcionante para ADEGA, que actuou como acusación particular no procedemento xudicial. O seu secretario, Froilán Pallín, expón neste espazo as razóns polas que ADEGA recorrerá o fallo. Segundo o colectivo, esta sentenza crea un mal precedente para a polícia urbanística municipal.
15/02/2019 [00:10:00] [6.91 MB]
Ao longo deste espazo radiofónico repasamos a actualidade ambiental galega. Valo perder?
13/02/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
En 2013 detectouse por primeira vez o picudo vermello nas palmeiras de Gondomar. Desde aquela a praga proliferou de tal maneira que hoxe en día xa se considera irrefreable en Galiza e xa non está en corentena. Desde a Estación de Fitopatoloxía de Areeiro fan recomendacións do que facer no caso de afección.
11/02/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
Fomento vén de recibir alegacións ao proxecto de obra dun novo treito da A-57, aunha autoestrada quen rodearía a cidade de Pontevedra e que iría paralela á AP-9. Este novo treito que iría desde a Ermida a Pilarteiros atravesaría un espazo de Rede Natura e o río Lérez. O colectivo ecoloxista ADEGA expresa cales son os motivos dos seu rexeitamento a esta infraestrutura.
08/02/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
Neste espazo repasamos a actualidade ambiental da semana en Galiza. Algúns dos temas que nos deixa: a caza do raposo, o día mundial dos humidais, novas especies invasoras e novas infraestruturas.
06/02/2019 [00:10:00] [6.87 MB]
Veciños e veciñas da Limia, Baixa Limia, Celanova ou Xinzo reúnense en plataforma para chamar a atención sobre o problema ambiental e de saúde pública que está a xerar a acumulación de xurros e puríns na chaira limiá. Daniel Rodicio, ex-gandeiro e propietario dunha granxa na Limia afonda no impacto que o modelo de produción acaba tendo no medio ambiente e, sobre todo, nos cursos fluviais e augas subterráneas. A Plataforma "Auga Limpa Xa!" pide unha moratoria para novas granxas intensivas de produción de carne na comarca limiá.