04/03/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
A plataforma Lugo de Cara ao Miño insta ao concello de Lugo a que compita co Club fluvial lucense polo treito do río Miño do que fixo uso privativo a entidade deportiva durante máis de 60 anos. A concesión do Club Fluvial atópase en trámite de renovación de concesión, durante o cal calquera entidade pode competir por ese espazo de dominio público hidráulico. Lugo de Cara ao Miño cre que esta é unha oportunidade de ouro para recuperar a única zona de baño que ten Miño ao seu paso por Lugo para toda a cidadanía, ademais de ser a solución máis barata, ecolóxica e xusta para dotar Lugo dunha praia fluvial.
01/03/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
Como todos os venres, repasamos a actualidade ambiental da semana. Valo perder...?
27/02/2019 [00:10:00] [6.90 MB]
A uña de gato ou carpobrotus edulis ten practicamente colonizada toda a franxa litoral galega. Esta planta sudafriana invasora exerce unha presión negativa nos solos rochosos dos cantís e nos ecosistemas dunares e non é doada de erradicar. Novas investigacións, como a de Cristina Vieites, recomendan a loita biolóxica para frear a súa expansión.
25/02/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
O vindeiro 10 de abril remata o prazo legal para resolver definitivamente o expediente de declaración da Cova Eirós (Triacastela) como Ben de Interese Cultural. Ante a falta de información e de resposta ás súas consultas, a asociación ecoloxista ADEGA teme que a Xunta deixe vencer o prazo, condenando o xacemento a permanecer polo menos outros dous anos sen a protección como BIC. ADEGA convocou rolda de prensa para manifestar a súa preocupación e anunciar o achado de máis covas dentro do BIC.
22/02/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
As novas ambientais de Galiza máis sobresaíntes da última semana, aquí en Radio Cerna! Preme e escóitanos...
20/02/2019 [00:10:00] [6.87 MB]
Tras 16 anos da catástrofe, un proxecto trata de recuperar a memoria colectiva cultural e social daquel feito e das posteriores accións de protesta. "Unha gran burla negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002-2019) acolle exposicións, obradoiros, foros, mesas redondas, palestras e un arquivo vivo en construción do material divulgativo, informativo ou de protesta que xurdiu arredor da gran marea negra. Jorge Linheira, coordinador do proxecto, móstranos esta necesaria iniciativa.