20/03/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
O estudantado galego botouse á rúa o pasado venres, 15-M, ante o chamado de Greta Thunberg, a estudante sueca de 16 anos que está a poñer na picota á clase política e aos gobernos de todo o mundo por "non facer nada para frear a crise climática". Os "Fridays for Future" chegaron tamén a Galiza, onde houbo convocatorias de folga en varias cidades e vilas galegas. O estudantado de secundaria e universitario alenta á toda a sociedade a unirse a este movemento que reclama actuar xa!
18/03/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
ADEGA, xunto cos colectivos Mariña Patrimonio, Cultura do País e Patrimonio de Ancares, lanza a campaña #SalvemosCovasVale. A iniciativa, que foi presentada ao público xeral o pasado venres, trata de protexer de forma integral unhas cavidades naturais de Baralla que se atopan ameazadas por un proxecto mineiro, xa aprobado pola Xunta. ADEGA insta á Dirección Xeral de Patrimonio que rexeite a canteira e proceda a prospectar a fondo os terreos afectados polo proxecto mineiro para confirmar o interese xeolóxico, arqueolóxico, paleontolóxico e, incluso, artístico que agochan estas covas.
15/03/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
Queres coñecer a actualidade do ecoloxismo e o medio ambiente de Galiza? Este é o teu espazo! Preme e entérate!
13/03/2019 [00:10:00] [6.90 MB]
Dous autos do Tribunal Superior de Castela e León fallan a favor do Partido Animalista PACMA e suspenden cautelarmente o regulamento e a orde de caza desta comunidade autónoma por incumprir a lexislación estatal e europea en materia de conservación das especies salvaxes. Por primeira vez unha orde xudicial pon en vilo o futuro da actividade cinexética no territorio español. PACMA valora de xeito moi positivo a disposición da Xustiza e agarda que o Tribunal non ceda ás fortes presións ás que está a ser sometido, segundo nos explicou a voceira da formación, Laura Duarte.
11/03/2019 [00:10:00] [6.92 MB]
O selo que certifica o interese científico dun destino turístico vén de ser adquirido polas serras de Ancares e Courel. Unha empresa promove este marchamo de calidade para promocionar os espazos naturais protexidos, entre outros, polo se valor ou interese científico. Ademais das serras orientais, tamén dispón deste recoñecemento o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Hoxe coñecemos de primeira man esta nova certificación de calidade turística coa súa impulsora, Maite Vence.
06/03/2019 [00:10:00] [6.87 MB]
Polos portos galegos entra madeira ilegal, segundo Greenpeace. O colectivo insta á Xunta a tomar medidas para evitar a entrada de madeira ilegal ou de sangue, tal e como a obriga a normativa. Greenpeace tamén presentou denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente para que o ministerio fiscal investigue se as autoridades galegas están a incorrer en delito, ao non establecer as medidas necesarias para eviar o paso deste tipo de madeira por Galiza.