Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

13/12/2025   [10:00:00]   [12.91 MB]

Boletín informativo ambiental 12/12/25

Unha vintena de persoas voluntarias, coordinadas por ADEGA, participou esta fin de semana nun campo de traballo ambiental destinado a restaurar os montes queimados da aldea do Sexo, na Agolada. Galiza está chamada a volver colapsar Compostela este domingo para darlle a estocada final ao proxecto de macrocelulosa de Altri. E, ao tempo, a Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración ás portas do Parlamento de Galiza o vindeiro 16 de decembro baixo o lema “por moita lei que cambien, non nos taparán os ollos". Todo isto e máis, en Radio Cerna! 

04/12/2025   [10:00:00]   [12.43 MB]

Boletín informativo ambiental 05/12/25

A emerxencia cinexética da Xunta podería contribuír a espallar a peste porcina africana. ADEGA impulsa un novo campo de voluntariado para restaurar zonas queimadas na Agolada. Ulloa Viva, a PDRA e Mina de Touro-O Pino Non chaman a "poñer fin" á ameaza da macrocelulosa de Altri cunha masiva mobilización o vindeiro 14D en Compostela. O río Gafos, en Pontevedra, volverá á vida... Todo isto e máis, en Radio Cerna! 

27/11/2025   [10:00:00]   [12.59 MB]

Boletín informativo ambiental 28/11/25

A sociedade público-privada Recursos de Galicia negocia con Acciona a adquisición de 26 parques eólicos. A Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración ás portas do Parlamento de Galiza baixo o lema “por moita lei que cambien, non nos taparán os ollos”. aA Xunta investirá uns 62.000 euros en espadanas para crear unha zona húmida artificial destinada a reducir a acidez das augas que baixa pola AG-64, a autovía Ferrol–Vilalba que ameaza o Eume desde hai dúas décadas. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

21/11/2025   [10:00:00]   [12.63 MB]

Boletín informativo ambiental 21/11/25

O PP esquece tramitar a emenda para flexibilizar aínda máis a moratoria do eucalipto. A asociación ecoloxista ADEGA denuncia que Rueda mingua a tramitación ambiental para converter a Xunta nunha expedidora de permisos. Galiza é a autonomía que menos recicla de todo o Estado. A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) lanza unha campaña de micromecenado para continuar o proceso xudicial contra a prórroga concedida a Ence ata 2073. Estas e outras novas, neste novo programa de Radio Cerna! 

13/11/2025   [10:00:00]   [12.40 MB]

Boletín informativo ambiental 14/11/25

Centos de persoas fixeron este domingo unha cadea humana no encoro de Portodemouros para rexeitar Altri e a mina de Touro-O Pino. Ademais, Bruxelas vén de excluír o proxecto da celulosa dos Fondos de Innovación da Unión Europea. A Xunta aproba o anteproxecto da nova Lei de administración ambiental simplificada, que substituirá e derrogará por completo a Lei de protección ambiental de Galicia de 1995. A superficie de eucalipto segue medrando a pesar da moratoria vixente desde 2021. Así o revela o avance do Inventario Forestal continuo de Galiza presentado esta semana pola administración galega tras unha demora de ano e medio. Todo isto e máis, en Radio Cerna! 

30/10/2025   [10:00:00]   [12.59 MB]

Boletín informativo ambiental 31/10/25

A Xunta declara compatibles os eólicos coa paisaxe e abre novas vías ao eucalipto nos montes. Na comarca de Valdeorras, os efectos dos incendios do verán comezan agora a sentirse coa chegada das choivas. Na comarca de Valdeorras, os efectos dos incendios do verán comezan agora a sentirse coa chegada das choivas. A veciñanza do Galiñeiro, en Gondomar, podería ver finalmente protexida esta contorna natural grazas ao inicio do trámite para a súa declaración como Espazo Privado de Interese Natural (EPIN). Todo isto e máis, en Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal