03/04/2019 [00:10:00] [6.93 MB]
Tras 8 anos de incertidume, por fin a Xunta declara o Río Gafos de Pontevedra como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Esta figura de protección ambiental implicará un plan de investimentos por parte do Concello de Pontevedra para favorecer a conservación do espazo e a recuperación dos seus valores naturais. A Asociación Vaipolorío foi unha das impulsoras desta iniciativa que agora vén de acadar o seu obxectivo.
01/04/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
ENCE vén de recibir un "mazazo" do goberno do Estado, o cal considera que a prórroga outorgada polo goberno en funcións de Mariano Rajoy non é conforme a dereito. Así o explicita un informe do avogado do Estado e unha resolución xudicial que se suman aos argumentos contra a prórroga de APDR, o Concello de Pontevedra e Greenpeace. Este cambio de rumbo do goberno estatal é acollido con satisfacción por parte da Asociación pola Defensa de Ría (APDR), pero tamén con cautela. Aínda así define esta paso como o máis importante do Estado a favor da Ría desde que se outorgou a prórroga. Falamos co presidente de APDR, Antón Masa.
29/03/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
Neste espazo facemos repaso da actualidade ambiental de Galiza na que, lamentablemente, os lumes forestais volven ser o epicentro informativo. Preme para escoitar.
27/03/2019 [00:10:00] [6.87 MB]
A pasada semana, Galiza viviu a súa primeira deseucaliptización simultánea promovida por Cousa de Raíces, a plataforma a prol do bosque galego. Con motivo do Día Mundial dos Bosques animou a sociedade galega a participar de forma colectiva e simultánea no arrincado de pés de eucalipto e doutras especies exóticas que invaden os montes galegos. Os resultados alentan a realización de novas xeiras deseucaliptizadoras. Neste espazo falamos con algunhas das comunidades de montes que participaron nesta iniciativa colectiva.
25/03/2019 [00:10:00] [6.91 MB]
ADEGA-Vigo e a Comunidade de Montes de Rebordelo, do concello de Cerdedo-Cotobade, chegaron a un acordo para custodiar un total de 158 hectáreas. Este proxecto de custodia que se vén de lanzar tratará de identificar e poñer en valor os recusos naturais e ambientais dos montes de Rebordelo, así como fomentar unha xestión forestal máis sostible neste territorio. Todas as actividades que alí se desenvolvan estarán abertas ao público xeral.
Máis info: http://coutodaeirexinha.gal
22/03/2019 [00:10:00] [6.90 MB]
Se queres coñecer en pouco tempo as novidades ambientais da semana aquí en Galiza, este é o teu espazo! Preme e escoita!