Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

03/05/2019   [00:10:00]   [6.88 MB]

O primeiro xeoparque galego: O Courel!

A Serra do Courel xa é un dos 140 xeoparques que hai en todo o mundo. O GDR Ribeira Sacra-Courel impulsou esta iniciativa co gallo de dar a coñecer mundialmente o valor xeolóxico da montaña courelá, crear un novo recurso turístico e unha nova oportunidade de desenvolvemento socioeconómico para a poboación local.

26/04/2019   []   [6.91 MB]

Boletín informativo ambiental 26/04/19

Recuperamos a emisión de Radio Cerna logo dunha semana de pausa. Hoxe volvemos a abordar a actualidade ambiental galega, e a partir de agora todos os venres. Tamén na túa emisora local! Escoita Radio Cerna!

12/04/2019   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 12/04/19

Escoita o programa de radio no que facemos repaso da actualidade ambiental e ecoloxista de Galiza. 
Desde hoxe ata o vindeiro 26 de abril non emitiremos espazos con contidos actualizados debido á reestruturación da nosa programación. Agardámoste daquela!

10/04/2019   [00:10:00]   [6.88 MB]

Adela Figueroa Panisse, premio Osíxeno de Honra de ADEGA

A catedrática en bioloxía, escritora e expresidenta de ADEGA, Adela Figueroa Panisse, vén de recibir o premio Osíxeno de Honra que outorga a asociación ecoloxista ADEGA a persoas cunha comprometida traxectoria vital co medio ambiente galego. Hoxe falamos coa galardoada, coa que repasaremos algúns dos fitos da súa vivencia no ecoloxismo galego.

08/04/2019   [00:10:00]   [6.91 MB]

ADEGA outorga os premios osíxeno e dioxina de 2018

Os premios de ADEGA ás mellores e peores actitudes ambientais do ano 2018 foron entregados o pasado 31 de marzo en Bueu no marco da 43 Asemblea Xeral do colectivo ecoloxista galego. Os galardóns osíxeno recaeron en movementos ecoloxistas que defenden os ríos e os montes. Os dioxina foron parar a persoas e colectivos que priman os intereses da industria mineira sobre os sociais e ambientais. Se queres saber cales foron os premiados, preme e escoita.

05/04/2019   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 05/04/19

Coñece a actualidade ambiental galega con Radio Cerna. Só 10 minutos de escoitas para estar ao día!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal