21/02/2020 [00:10:00] [6.90 MB]
No boletín desta semana, o fallo dos premios Osíxeno e Dioxina 2019 de ADEGA, o estatuto de electrointensivas, novo caso da fiscalía ambiental en Galiza e críticas ecoloxistas a proxectos municipais non acordes ao momento de emerxencia climática que estamos a vivir. Estas e outras novas, se te sumas a Radio Cerna!
14/02/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
Escoita este espazo informativo promovido por ADEGA sobre a actualidade ambiental galega, que esta semana comeza por dar conta da fichaxe da ex-conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, pola empresa do lobby enerxético-forestal, Greenalia.
07/02/2020 [00:10:00] [6.91 MB]
A práctica da caza xenera conflito co sector ambientalista. Nesta semana, os colectivos ecoloxistas presentaron cando menos dúas denuncias contra cuadrillas de caza por incumprimento da normativa vixente. Alén da caza, a actividade mineira centra parte dos contidos deste espazo de radio, así como a potencial extinción dalgunhas especies agora comúns. Escoita Radio Cerna e ponte ao día da actualidade ambiental galega!
31/01/2020 [00:10:00] [6.93 MB]
Sen dúbida, a nova ambiental da semana: a declaración de impacto negativa da mina de Touro-O Pino. Dedicamos un espazo importante a esta nova no boletín de hoxe, ademais de repasar outras novas que nos deixou a última semana no eido ambiental e ecoloxista de Galiza.
23/01/2020 [00:10:00] [6.91 MB]
O goberno central declara a emerxencia climática, as industrias galegas máis contaminantes gábanse dos logros acadados e a sociedade alerta sobre o impacto do espolio "verde" sobre o rural, que segue a perder poboación. Estes son algúns dos temas que nos deixa a actualidade ambiental galega e que poderás descobrir neste espazo informativo. Escoita!
17/01/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
Coñece os temas ambientais máis destacados da última semana, como a polémica pola caza do raposo en Triacastela, a renuncia do PP de deitar os lodos do Lérez no mar, a anulación da licenza da canteira de Cosmos ou o traslado do caso das verteduras da mina de Touro aos xulgados.