04/06/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
Neste Día Mundial do Medio Ambiente, Radio Cerna dá conta dalgunhas das actividades que o movemento ecoloxista galego realizará para celebrar esta xornada na que se presentan propostas de cambio das políticas ambientais, se realizan palestras e debates ou performance na rúa. Actividades todas elas con referencias á crise actual e á necesidade de cambios radicais na nosa sociedade e con respecto á Natureza. A situación de Alcoa, outro caso destacado da semana.
29/05/2020 [00:10:00] [6.88 MB]
Algunhas das novas da semana no plano ambiental e social: o despedimento de máis de 500 empregados da factoría de Aluminio de Alcoa, o recurso de 107 colectivos contra a continuidade de tramitacións relativas a proxectos industriais agresivos ou o impacto da Covid-19 no mar e na xeración de plástico. Isto e moito máis no boletín informativo de Radio Cerna de hoxe. Preme e escoita.
22/05/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
Hoxe celébrase o Día mundial da Biodiversidade no que a ONU reafirma à idea de que a solución á pandemia está na natureza. ADEGA e outras entidades ecoloxistas reforzan a tese e animan ás administracións públicas a mudar a súa actitude cara a biodiversidade. Por outra banda, denuncian o desleixo da xunta pola conservación do patrimonio natural en contraste co paternalismo demostrado para coa caza e a pesca.
15/05/2020 [00:10:00] [6.90 MB]
A contaminación das cidades galegas descendeu a máis da metade durante o confinamento, agás en Ferrol, os mercados de alimentos na rúa comezan a súa actividade e o Defensor del Pueblo menciona á Xunta e á mina de Touro no seu informe anual. Estan son algunhas das novas ambientais da última semana que repasamos neste espazo de Radio Cerna! Escoita!
08/05/2020 [00:10:00] [6.85 MB]
A Xunta e o goberno central afrontan a desescalada con diferentes ritmos e obxectivos, e presentan controversia sobre o momento de restablecemento dalgunhas actividades. Esta semana, estas disconformidades fixéronse máis evidentes que nunca. A Xunta ordeou a reactivación da tramitación de 1000 proxectos industriais con impacto ambiental que estaban en suspenso ou o reinicio do exercicio da pesca fluvial (da caza a semana pasada). Os colectivos ecoloxistas reaccionaron en contra. Tamén foi filmado por primeira vez un oso no Macizo Central Ourensán. ADEGA cre que a Xunta xa non ten escusas para aprobar o esquecido Plan de Recuperación do Oso pardo en Galiza.
24/04/2020 [00:10:00] [6.90 MB]
Como cada venres, neste espazo de radio, repasamos a actualidade ambiental dos últimos días. Esta semana viviu unha celebración importante, o Día da Terra.