12/03/2026 [10:00:00] [12.77 MB]
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza denega á Xunta autorizar a caza do lobo e mantén paralizadas as batidas previstas en varios concellos galegos. E ao mesmo tempo, a Xunta aumentou nun 42 por cento o diñeiro que destina á Federación Galega de Caza na última década. ADEGA, PDRA, confrarías e organizacións de produtores reclaman ao Ministerio que non licite eólica mariña en Galiza sen concluír a revisión do POEM. O Partido Popular veta no Parlamento unha comisión de investigación sobre o proxecto de Altri. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
05/03/2026 [10:00:00] [12.36 MB]
O salmón galego atópase en perigo da extinción. Entidades ecoloxistas lanzan unha campaña de recollida de sinaturas para que así sexa declarado oficialmente por parte da Xunta de Galiza. En materia eólica, o Tribunal Supremo revisa como de xustas son as expropiacións para a implantación de aeroxeradores. E ademais, ADEGA-Lugo vén de presentar alegacións contra o proxecto do parque eólico Ferroedo, previsto nos concellos de Bóveda e O Saviñao. Noutra orde de cousas, a delegación coruñesa da asociación fixo pública unha carta aberta dirixida á organización do Wake Up Festival, evento de música electrónica con altos impactos ambientais no Parque de Bens, na Coruña.
27/02/2026 [] [29.40 MB]
Rolda de prensa desenvolvida o 27 de febreiro de 2026 para dar conta da valoración de ADEGA a respecto da recente sentenza do TSXG favorable ao recurso de ADEGA contra a retirada da zona de afectación de Altri do mapa da Infraestrutura Verde de Galicia por parte da Xunta de Galiza.
26/02/2026 [10:00:00] [12.34 MB]
Ante o anuncio de arquivo do proxecto industrial de Altri por parte da Xunta, a coordinadora "Altri Non" celebra a vitoria do pobo galego e advirte que aínda queda o golpe de graza. Chama á sociedade galega a non baixar a garda ante a posibilidade dun “arquivo en falso” que permita no futuro reactivar o proxecto. A organización ecoloxista ADEGA vén de presentar alegacións ao Proxecto de Interese Autonómico para a construción de vivenda no barrio do Sagrado Corazón, en Lugo. O primeiro estudo científico sobre o temporal de comezo de ano confirma que o cambio climático aumentou a intensidade das chuvias torrenciais en Galiza. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
19/02/2026 [10:00:00] [12.17 MB]
Galiza está a perder entre 2,8 e 5 millóns de toneladas de solo ao ano pola falta de actuación das administracións tras os incendios forestais. Ratificada a extinción definitiva de Impulsa Galicia, a empresa coa que a Xunta promoveu o proxecto de Altri. A Xunta frea a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica de declarar a anguía en perigo de extinción e prohibir a súa pesca, malia admitir o seu declive. Fito histórico na defensa ambiental en Galiza: o Tribunal Supremo ratifica de forma definitiva a condena á Xunta e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil por inacción ante a contaminación do encoro das Conchas. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
12/02/2026 [10:00:00] [12.16 MB]
A poboación galega respira unha proporción maior de substancias contaminantes ca o resto do Estado. ADEGA denuncia o abandono institucional da Torre de Torés, no Concello das Nogais, declarada Ben de Interese Cultural. Un proxecto eólico na Terra Chá pon en risco a única poboación reprodutora de mazarico real na Península Ibérica. A Serra do Xistral pasa a fomar parte dunha exclusiva rede internacional de paisaxes emblemáticas e convértese así nun laboratorio vivo para buscar solucións fronte ao cambio climático. Todo isto e máis, en Radio Cerna!