24/07/2020 [00:10:00] [6.90 MB]
Novos proxectos mineiros ameazan a tranquilidade dos veciños de Beariz; Naturgy presenta o seu plan de desmantelamento da térmica de Meirama e Vigo quere adaptarse á directiva europea da auga para cumprir os obxectivos en eficiencia. Estas e outras son as novas ambientais que recolle este boletín de Radio Cerna e que despide un novo ciclo. Voltaremos con nova programación no mes de setembro. Radio Cerna agarda por ti!
17/07/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
Neste repaso informativo da semana, amosámosche os últimos datos de afectados pola Covid-19 en Galiza, a repercusión da pandemia a nivel global e algúns resultados de estudos en canto á reducion de emisións contaminantes ou á expansión de especies exóticas invasoras ou pragas.
10/07/2020 [00:10:00] [6.90 MB]
Escoita neste boletín o repaso resumido que fai ADEGA da "era Feijóo" en materia medioambiental en Galiza, ademais doutras novas da semana que teñen que ver coa nosa contorna natural. Valo perder?
03/07/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
Esta semana tivo lugar un fito histórico en Galiza: o peche da central térmicade Meirama, tras 40 anos contaminando a atmosfera e sen un plan alternativo para o desenvolvemento socioeconómico da bisbarra. ADEGA recupera grande parte da súa actividade educativa no exterior e hoxe é o Día Mundial sen Plástico. Estas e outras novas ambientais neste espazo de Radio Cerna!
26/06/2020 [00:10:00] [6.93 MB]
Repasa con Radio Cerna (ADEGA) as novas ambientais da semana. A fin do estado de alarma, a negativa de Alcoa a negociar e o futuro incerto da Mariña, un novo decreto lei sobre enerxía e unha sentenza que recoñece falsificación de documentos por parte de cargos da Xunta, aos que porén, absolve e outras novas que che achegamos neste boletín informativo semanal.
19/06/2020 [00:10:00] [6.90 MB]
Alcoa segue no centro da actualidade. Neste conflito represéntase o conflito entre o vello e o novo modelo industrial cara ao que viran as grandes industrias contaminantes, na procura de rendibilidade e fondos públicos de apoio. ADEGA publica o informe "5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña" e a Xunta presenta 3 iniciativas industriais de cara á economía circular, concepto que envolve os contidos deste boletín informativo.