23/10/2020 [00:10:00] [6.87 MB]
No boletín informativo de Radio Cerna desta semana atoparedes referencias á dubidosa actitude "verde" dalgunhas empresas eléctricas que operan no país, que ben proxectan centrais hidroeléctricas agresivas cos espazos naturais protexidos ou ben intentan esquivar responsabilidades sobre graves verteduras aos nosos ríos. Tamén informamos sobre novas ameazas de parques eólicos que afectan a hábitats de interese comunitario na zona sur de Galiza e damos conta do primeiro informe publicado sobre os incendios forestais do que vai de ano, no que Ourense obtén un papel destacado.
16/10/2020 [00:10:00] [6.88 MB]
Esta semana varios episodios graves de contaminación mariña, en mar e ríos, centran a actualidade ambiental galega. Se queres saber máis, escoita o programa de hoxe de Radio Cerna!
09/10/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
En Radio Cerna atoparán o informativo máis sonado sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. Escoita neste espazo as novas sobre o medio ambiente galego máis destacadas da última semana.
02/10/2020 [00:10:00] [6.88 MB]
Nos últimos días houbo novidades sobre Alcoa, a transición ecolóxica en Galiza e o estado de saúde dos ríos e dos mares.... Acompáñanos de novo no repaso da actualidade medioambiental da última semana en Galiza!
25/09/2020 [00:10:00] [6.91 MB]
Hoxe, entérate do que acontece no medio ambiente galego nun novo espazo informativo de Radio Cerna. Non quedes coa dúbida... Escóitanos!
18/09/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
Moi boas a todxs! Retomamos a emisión de novos espazos informativos de Radio Cerna que che ofrece ADEGA todos os venres nesta canle online e tamén en máis de 20 emisoras municipais e locais de Galiza. Se queres estar ao tanto do que acontece no medio ambiente galego, escoita! Esta semana abordamos a actualidade sobre os incendios forestais de Ourense, as últimas novas sobre a expansión da Covid-19 e algunha iniciativa que se toma para afrontar a transición ecolóxica do país.