04/12/2020 [00:10:00] [6.88 MB]
Ameaza a sombra de novas mareas negras cos casos de encallamento do buque afundido no día de onte en Vigo, ou co quimiqueiro que tivo que ser remolcado ao porto exterior da Coruña, nunha semana no que se celebra o 18 cumpreanos da catástrofe ecolóxica producida polo Mar Exeo, enfronte as costas da Coruña. Alén diso, a transición ecolóxica e os proxectos estrela da Xunta volven apuntar cara unha nova eucaliptización e a implantación masiva de eólicos nos montes galegos sen ningún tipo de ordenación. Ademais destas, outras novas conforman a actualidade ambiental galega desta semana. Escóitaa en Radio Cerna!
27/11/2020 [00:10:00] [6.91 MB]
En tan só unha semana o goberno de Núñez Feijóo destituíu a dous dos seus pesos pesados, os directores de enerxía e mina e de montes, e na mesma, anuncia unha lei de reactivación empresarial e modificación 25 normas a través da lei de acompañamento dos orzamentos. Estas e moitas outras novidades da semana en Radio Cerna.
20/11/2020 [00:10:00] [6.90 MB]
No boletín informativo ambiental de hoxe: directrices da paisaxe, manifesto galego pola moratoria de novos parques eólicos e sentenza sobre o eucalipto. Non o perdas! Preme e escoita.
13/11/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
A sentenza do TSXG que anula o parque eólico das Sasdónigas de Mondoñedo e o peche masivo en Europa de granxas de visón americano por ser especie transmisora da Covid-19 algúns dos temas que centran a actualidade ambiental galega e que repasamos neste espazo de Radio Cerna.
06/11/2020 [00:10:00] [6.90 MB]
A transición ecolóxica e os proxectos mineiros que se intentan xustificar neste procesos centran os contidos do boletín informativo ambiental desta semana. Escoita que outras novas nos deixou a semana no eido ambienta, aquí en Radio Cerna!
30/10/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
No boletín informativo ambiental de hoxe: a devesa de Anllares, mala praxe cinexética, urbanismo na ría do Burgo e o reparto de orzamentos do goberno central para a mobilidade en Galiza. Preme e escoita o que nos deixou a actualidade ambiental da semana.