16/07/2021 [00:10:00] [6.91 MB]
Novo informe negativo da Xunta aos parques eólicos do Ministerio. Desta volta, apunta contra o PE de Berdoias; ADEGA vence nos tribunais á Consellaría de Medio Rural contra os seus intentos de impedir o acceso a información ambiental sobre plantacións ilegais de eucaliptos e un novo delito ambiental protagoniza a semana: a eliminación das dunas da praia de Rodeiro (Cangas)... Se queres coñecer a actualidade ambiental galega, escoita Radio Cerna!
02/07/2021 [00:10:00] [6.91 MB]
A paralización parcial da éolica mariña, o desmantelamento da térmica de As Pontes, ou a volta da mina de Touro, algúns dos temas ambientais da semana. Escoita o resumo da actualidade ambiental da semana en Radio Cerna.
25/06/2021 [00:10:00] [6.89 MB]
A eólica mariña e os proxectos de Iberdrola de San Cibrao e San Brandán no mar galego tópanse de fronte coa repulsa do sector pesqueiro; o Ministerio de Transición Ecolóxica segue admitindo novos macroproxectos eólicos tamén en terra e ADIF queda exonerada de toda culpa por verter ao río Sil dous vagóns de tren o pasado verán. Estas e outras novas ambientais da semana no presente boletín informativo de Radio Cerna. Escóitao!
18/06/2021 [00:10:00] [6.88 MB]
A piques de que se inicie a chamada "moratoria" do eucalipto, Endesa e unha comunidade de montes de Aranga promover dúas macroplantacións de varios centos de hectáreas con esta especie exótica invasora. A isto súmanse os primeiros lumes do verán que volven asolar espazos naturais protexidos, sendo o Courel desta volta un dos máis prexudicados. E seguimos falando da "lei da selva eólica" que agora se extende ao mar. O Estado pisa o acelerador da eólica mariña e Iberdrola presenta os dous primeiros proxectos de eólica mariña en Galiza. Isto e moito máis neste espazo de Radio Cerna.
11/06/2021 [00:10:00] [6.88 MB]
Un gran clamor social pide ás administracións unha moratoria eólica, tal e como quedou refrendado na gran manifestación vivida en Santiago de Compostela o pasado 5 de xuño, con motivo do Día do Medio Ambiente. Milleiros de persoas fixeron patente o rexeitamento social á actual invasión eólica e a un modelo enerxético colonial, inxusto e insostíbel. O boletín de hoxe de Cerna recolle as reaccións políticas posteriores á marcha e dá conta de novas accións reivindicativas neste ámbito.
04/06/2021 [00:10:00] [6.90 MB]
Mañá, no Día Mundial do Medio Ambiente, Compostela será escenario dunha gran marcha contra a invasión eólica de Galiza. No espazo de Radio Cerna de hoxe dedicamos unha especial atención á actualidade relativa ao boom eólico que xa non só se proxecto en terra, agora tamén no mar. Feliz semana do Medio Ambiente!