24/09/2021 [00:10:00] [6.93 MB]
Sen dúbida, a nova ambiental da semana protagonizouna o lobo. Pasa a ser especie protexida, aínda que non se prohibe na totalidade a súa caza. Os segundos protagonistas: os encoros. ADEGA presenta denuncia na Fiscalía contra a Xunta e as eléctricas polo suposto baleirado irregular dos encoros en días nos que o prezo da luz acada máximos históricos, e novos aproveitamentos hidroeléctricos asoman nas balsas mineiras de Meirama e As Pontes. Por outra banda, o encoro das Cunchas aspira a ser declarada zona vulnerable por contaminación de nitratos...
16/09/2021 [00:10:00] [6.87 MB]
Radio Cerna está de volta! Iniciamos esta nova etapa no repaso da actualidade ambiental de Galiza, dando conta da declaración da nova Reserva da Biosfera de Galiza, do baleirado dos encoros e do principio dos 3s da Enerxía impulsado por ADEGA. Non te perdas este boletín...
13/08/2021 [00:10:00] [6.91 MB]
Un novo informe do IPCC advirte que a década presente é deeterminante para evitar os efectos catastróficos do cambio climático e insta ás industrias máis contaminantes e situadas no litoral a tomar medidas drácticas. A actualidade ambiental dos últimos días tamén nos deixa novas relacionadas co rexurdimento dos proxectos eólicos mariños de Iberdrola, a denuncia do Rally Hispania por parte de ADEGA e a petición do concello de Lalín de modificación da Lei de Caza para poder abater crías de xabaril e lobo. Os boletíns informativos semanais de Radio Cerna volverán con información actualizada en setembro. Saúdos ecoloxistas!
06/08/2021 [00:10:00] [6.89 MB]
A actualidade ambiental da semana segue xirando arredor dos sectores produtivos agresivos coa natureza: mina de Touro, Alcoa, eólica, e proxectos que promove a administración pública non acordes coa mitigación do cambio climático. Escoita Radio Cerna e ponte á última na información ambiental do teu país!
30/07/2021 [00:10:00] [6.91 MB]
Nesta semana, seguimos ás voltas cos novos praques eólicos, mais agora tamén con novos proxectos de centrais hidroeléctricas nas lagoas artificiais de Meirama e As Pontes que incian solicitude de tramitación. Doutra banda, Ence anuncia que vai recorrer a sentenza da Audiencia e que non vai procurar novo emprazamento da pasteira en Galiza. A contamianción das rías e as touradas son outros dos temas ambientais da semana....
23/07/2021 [00:10:00] [6.89 MB]
Ence recibe un duro golpe da Audiencia Nacional a cal declara ilegal a prórroga da concesión da pasteira outorgada polo goberno en funcións de Mariano Rajoy. O traslado da factoría semella cada vez máis preto. No ámbito da enerxía, continúan as críticas sociais contra a vaga eólica que é incesante. Xordes novos movementos veciñais na contorna do Xurés para enfrontarse aos proxectos eólicos. Estas e outras noticias no presente boletín informativo semanal de Radio Cerna.