17/12/2021 [00:10:00] [6.86 MB]
Ao éxito incontestable das mobilizacións do pasado Día das Montañas fronte a invasión eólica sumouse esta semana o informe do Consello da Cultura Galega que pon en entredito a xestión da Xunta con respecto ao seu modelo de implantación eólica. O CCG tamén pide a moratoria de todos os proxectos en tramitación ata que non haxa plan eólico que sexa avaliado ambientalmente. Os danos desta avalancha eólica "poderían ser irreparables" segundo defende este organismo consultivo. Estas e outras novas ambientais no espazo Cerna de hoxe....
10/12/2021 [00:10:00] [6.85 MB]
Mañá sábado, 11 de decembro, é o gran día, o día das montañas, no que están convocadas máis dunha vintena de mobilizacións en todo o territorio galego para facer un chamamento masivo á defensa das montañas fronte a invasión eólica. A coordinadora Eólica Así Non convoca á sociedade galega a participar nesta mobilización expansiva na que se pedirá a paralización inmediata de todos os proxectos eólicos en tramitación e un cambio de modelo para a implantación no país deste tipo de enerxía. Esta e outras novas destacadas da semana, atoparalas neste espazo de Radio Cerna.
03/12/2021 [00:10:00] [5.72 MB]
A Xunta intenta calmar aos concellos ante a súa preocupación pola vaga eólica, mentres que máis de 170 colectivos sociais anuncian unha mobilización en toda Galiza, o 11 de decembro, Día das montañas, para reclamar unha paralización real e inmediata de todos os proxectos eólicos en tramitación para poder deseñar unha nova planificación máis adaptada á realidade ambiental e social do país con respecto ás enerxías renovábeis. Xunto con isto, damos conta da nova proposta de lei de benestar animal ou o misterio do finamento de centos de estorniños en Ferrol... Preme e escoita!
26/11/2021 [00:10:00] [6.87 MB]
No boletin informativo de hoxe repasamos a actualidade máis recente relativa ao medio ambiente e ao ecoloxismo galego. Anúncianse novas mobilizacións masivas a prol da paralización de todos os proxectos eólicos en tramitación, da expropiación "encuberta" dos montes veciñais, dunha nova mortaldade de gaivotas por botulismo e da chantaxe que a Xunta lle fai aos concellos do Barbanza para que abandonen o sistema de xestión de residuos de Lousame, entre outras novidades da semana.
19/11/2021 [00:10:00] [6.87 MB]
Rede Eléctrica Española confirma que Galiza exportou no primeiro semestre de 2021 o 35% da electricidade producida no país, mentres están en tramitación uns 270 parques eólicos máis para o noso territorio. A Xunta, impasible a este dato, si se pronuncia arredor da eólica mariña, cando menos sobre os proxectos de Iberdrola que se están a tramitar no Ministerio. A outra reclama da semana vén da conta da Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común fronte o propósito do goberno galego de desposuír ás comuneiras e comuneiros do seu dereito de propiedade sobre os montes.
12/11/2021 [00:10:00] [6.88 MB]
As novas desta semana poñen en evidencia o conflito entre a necesidade de abordar de forma urxente a emerxencia climática e a necesidade de facelo sen sacrificar deliberadamente a conservación da biodiversidade e actividades compatibles cunha contorna sustentábel. Desde o Cumio de Glasgow ata o rexeitamento social aos macroparques eólicos ou o seu impacto sobre unha especie agora protexida: o lobo. Escóitanos!