Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

31/12/2021   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 31/12/21

Alcoa quixo poñer o colofón do ano 2021 anunciando a parada temporal das cubas. E Greenalia e Green Capital Power destapan a súa intención de abastecer de electricidade esta industria electrointensiva con ducias de proxectos eólicos que se están a tramitar en Galiza na actual vaga eólica. A última hora tamén aparecen en exposición pública senllas proxectos hidroeléctricos, algúns en Rede Natura, e os primeiros proxectos en tramitación de plantas solares en territorio galego. O capitalismo verde reforza a súa ofensiva de cara a 2022!

24/12/2021   [00:10:00]   [6.91 MB]

Boletín informativo ambiental 24/12/21

Cúmprense 10 anos desde a última proposta de ampliación da Rede Natura, aniversario dunha aposta finalmente frustrada, que hoxe sitúa a Galiza nunha situación de elevada desprotección fronte a invasión eólica e forestal. As novas desta semana relativas a proxectos mineiros dan "unha de cal e outra de area" a ollos do movemento ecoloxista, e o lobo volve ser motivo de actualidade ao ser rexeitado pola Xustiza o recurso da Xunta contra a elevación da protección desta especie emblemática.

17/12/2021   [00:10:00]   [6.86 MB]

Boletín informativo ambiental 17/12/21

Ao éxito incontestable das mobilizacións do pasado Día das Montañas fronte a invasión eólica sumouse esta semana o informe do Consello da Cultura Galega que pon en entredito a xestión da Xunta con respecto ao seu modelo de implantación eólica. O CCG tamén pide a moratoria de todos os proxectos en tramitación ata que non haxa plan eólico que sexa avaliado ambientalmente. Os danos desta avalancha eólica "poderían ser irreparables" segundo defende este organismo consultivo. Estas e outras novas ambientais no espazo Cerna de hoxe....

10/12/2021   [00:10:00]   [6.85 MB]

Boletín informativo ambiental 10/12/21

Mañá sábado, 11 de decembro, é o gran día, o día das montañas, no que están convocadas máis dunha vintena de mobilizacións en todo o territorio galego para facer un chamamento masivo á defensa das montañas fronte a invasión eólica. A coordinadora Eólica Así Non convoca á sociedade galega a participar nesta mobilización expansiva na que se pedirá a paralización inmediata de todos os proxectos eólicos en tramitación e un cambio de modelo para a implantación no país deste tipo de enerxía. Esta e outras novas destacadas da semana, atoparalas neste espazo de Radio Cerna.

03/12/2021   [00:10:00]   [5.72 MB]

Boletín informativo ambiental 03/12/21

A Xunta intenta calmar aos concellos ante a súa preocupación pola vaga eólica, mentres que máis de 170 colectivos sociais anuncian unha mobilización en toda Galiza, o 11 de decembro, Día das montañas, para reclamar unha paralización real e inmediata de todos os proxectos eólicos en tramitación para poder deseñar unha nova planificación máis adaptada á realidade ambiental e social do país con respecto ás enerxías renovábeis. Xunto con isto, damos conta da nova proposta de lei de benestar animal ou o misterio do finamento de centos de estorniños en Ferrol... Preme e escoita!

26/11/2021   [00:10:00]   [6.87 MB]

Boletín informativo ambiental 26/11/21

No boletin informativo de hoxe repasamos a actualidade máis recente relativa ao medio ambiente e ao ecoloxismo galego. Anúncianse novas mobilizacións masivas a prol da paralización de todos os proxectos eólicos en tramitación, da expropiación "encuberta" dos montes veciñais, dunha nova mortaldade de gaivotas por botulismo e da chantaxe que a Xunta lle fai aos concellos do Barbanza para que abandonen o sistema de xestión de residuos de Lousame, entre outras novidades da semana.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal