09/04/2026 [10:00:00] [12.25 MB]
Galiza entra en abril con incendios forestais en Ponteares e Carballo que prognostican un verán complicado. As industrias galegas emitiron en 2024 máis de 8 toneladas de benceno cerca de lugares moi poboados. ALCOA pretende volver ampliar a balsa de lamas vermellas en Xove sen ter sequera rematado a anterior ampliación. E na costa, as críticas do sector do mar e do ecoloxismo ao proxecto de dragaxe do río Lérez seguen medrando. A Alianza por un Rural Galego Vivo urxe a anular o traslado dos maxistrados e maxistradas do TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
26/03/2026 [10:00:00] [12.36 MB]
As plataformas Altri Non, Mina Touro-O Pino Non e En defensa da ría de Arousa impulsan unha recollida de sinaturas pola fin definitiva de Altri e da mina de Touro. Organizacións ecoloxistas piden a dimisión da conselleira Ánxeles Vázquez. O xuíz Luís Villares é apartado da sala do TSXG que trata os proxectos eólicos. O Parlamento galego admite a trámite unha ILP para crear Áreas de Restauración Ecolóxica. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
12/03/2026 [10:00:00] [12.77 MB]
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza denega á Xunta autorizar a caza do lobo e mantén paralizadas as batidas previstas en varios concellos galegos. E ao mesmo tempo, a Xunta aumentou nun 42 por cento o diñeiro que destina á Federación Galega de Caza na última década. ADEGA, PDRA, confrarías e organizacións de produtores reclaman ao Ministerio que non licite eólica mariña en Galiza sen concluír a revisión do POEM. O Partido Popular veta no Parlamento unha comisión de investigación sobre o proxecto de Altri. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
05/03/2026 [10:00:00] [12.36 MB]
O salmón galego atópase en perigo da extinción. Entidades ecoloxistas lanzan unha campaña de recollida de sinaturas para que así sexa declarado oficialmente por parte da Xunta de Galiza. En materia eólica, o Tribunal Supremo revisa como de xustas son as expropiacións para a implantación de aeroxeradores. E ademais, ADEGA-Lugo vén de presentar alegacións contra o proxecto do parque eólico Ferroedo, previsto nos concellos de Bóveda e O Saviñao. Noutra orde de cousas, a delegación coruñesa da asociación fixo pública unha carta aberta dirixida á organización do Wake Up Festival, evento de música electrónica con altos impactos ambientais no Parque de Bens, na Coruña.
27/02/2026 [] [29.40 MB]
Rolda de prensa desenvolvida o 27 de febreiro de 2026 para dar conta da valoración de ADEGA a respecto da recente sentenza do TSXG favorable ao recurso de ADEGA contra a retirada da zona de afectación de Altri do mapa da Infraestrutura Verde de Galicia por parte da Xunta de Galiza.
26/02/2026 [10:00:00] [12.34 MB]
Ante o anuncio de arquivo do proxecto industrial de Altri por parte da Xunta, a coordinadora "Altri Non" celebra a vitoria do pobo galego e advirte que aínda queda o golpe de graza. Chama á sociedade galega a non baixar a garda ante a posibilidade dun “arquivo en falso” que permita no futuro reactivar o proxecto. A organización ecoloxista ADEGA vén de presentar alegacións ao Proxecto de Interese Autonómico para a construción de vivenda no barrio do Sagrado Corazón, en Lugo. O primeiro estudo científico sobre o temporal de comezo de ano confirma que o cambio climático aumentou a intensidade das chuvias torrenciais en Galiza. Todo isto e máis, en Radio Cerna!