Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

25/02/2022   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 25/02/22

A negativa da Xunta á central hidroeléctrica do Valadouro tramitada polo Ministerio ou o debate sobre as concesións hidroeléctricas caducas poñen a explotación enerxética dos ríos no foco de atención da información ambiental da semana. E, como colofón, unha rutura da comporta dun encoro de Iberdrola en Vilamartín de Valdeorras. Máis detalles neste espazo de Radio Cerna.

18/02/2022   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 18/02/22

Esta semana producíronse algúns pasos favorables á ofensiva social contra a avalancha eólica. O TSXG admitiu os recursos de ADEGA contra tres parques eólicos de Greenalia da comarca do Xallas que afectan a unha especie de planta única no mundo. E tamén se coñeceu a desestimación por parte das promotoras de 9 parques eólicos na provincia de Pontevedra. No eido da explotación eléctrica dos ríos, Augas de Galiza pronúnciase sobre a extinción de concesións. Escoita #RadioCerna

11/02/2022   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 11/02/22

A seca na bacía Galiza-Costa, a central hidroeléctrica de Valadouro, os eólicos mariños, a nova lei do clima ou a afección dos microplásticos na saúde... algúns dos temas ambientais que foron noticia nesa semana. Escoita Radio Cerna!

04/02/2022   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 04/02/22

Entre as novas máis destacadas desta semana dedicada ás zonas húmidas están: o novo proxecto "estrela" da Xunta é unha planta de grafito ao que vincula tamén o desenvolvemento da enerxía eólica, con capital de investimento xaponés. ADEGA volve poñer en evidencia o recorte de dereitos democráticos que está a sofrer a cidadanía galega en materia de participación pública. O Ministerio de Transición Ecolóxica prorroga o prazo das eólicas para obter os permisos, ao tempo, que se recortan os prazos para alegar aos proxectos eólicos. E o colofón da semana, a multa da Xunta á CHMS e a Naturgy e Iberdrola polo baleirado "irregular" dos encoros durante o pasado verán. Escoita Radio Cerna e coñece as novas ambientais máis destacadas de Galiza.

28/01/2022   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 28/01/22

Indignación de colectivos ecoloxistas e sindicatos ante o comportamento da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, no último Consello Galego de Medio Ambiente, sentenza do TSXG que pon en cuestión a tramitación de parques eólicos e canteiras en situación de alegalidade durante 40 anos, é parte do menú do boletín informativo desta semana en Radio Cerna.

21/01/2022   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 21/01/22

ADEGA presenta unha batería de recursos contenciosos xudiciais contra varios parques eólicos promovidos pola empresa da ex-conselleira de medio ambiente, Beatriz Mato, paradigma dun único proxecto fragmentado en tres para esquivar unha adecuada avaliación ambiental. Son os primeiros recursos xudiciais que se presentan contra proxectos aprobados na actual vaga eólico con cargo ao Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica. Doutro lado, o presidente da Xunta, lanza unha nova medida que pretende saltar a moratoria eólica que o seu goberno aprobou a finais do ano pasado e que beneficiaría a industrias electrointensivas, como Alcoa. Estes son dúas das novas que enmarcan a actualidade ambiental desta semana e que procedemos a comentar neste primeiro espazo de Radio Cerna de 2022.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal