28/05/2026 [10:00:00] [12.38 MB]
A Illa de Arousa acollerá o vindeiro 14 de xuño unha manifestación nacional "pola defensa do Ulla e da ría de Arousa" e contra os proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. ADEGA presenta alegacións ao informe da Xunta sobre o estado do lobo en Galiza e acusa o Goberno galego de manipular os datos para facer crer que a especie está nunha situación favorábel. Tamén ADEGA alerta de que a planta de biometano prevista na Laracha podería incumprir a lei de residuos e poñer en risco a saúde da veciñanza. E a Coordinadora “Eólica Así Non” presenta unha denuncia na Fiscalía Superior de Galiza para que investigue se puido haber prevaricación no cambio de seccións dos casos relacionados coa enerxía eólica dentro do TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
22/05/2026 [10:00:00] [12.01 MB]
Altri non desiste e presenta alegacións contra o arquivo provisional do seu proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei. ADEGA leva ao Tribunal Supremo a destrución patrimonial ocasionada polas obras do parque eólico Acibal. A Xunta de Galiza sitúase á fronte dunha manobra insólita para tentar rebaixar o nivel de protección do lobo en Europa. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
07/05/2026 [10:00:00] [12.11 MB]
Diversas organizacións ecoloxistas convocan para este sábado, 9 de maio, unha concentración na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón con morte autorizado pola Xunta no río Ulla. A Xunta de Galiza pretende reactivar as minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, e sacar a concurso máis de 100 dereitos mineiros caducados en todo o país. Bateeiros, mariscadoras e mariñeiros de distintos puntos do país concentráronse esta semana ás portas do Parlamento para denunciar a grave crise que atravesa o sector do mar. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
30/04/2026 [10:00:00] [12.23 MB]
A Xunta inicia a tramitación do novo Plano Sectorial Eólico de Galiza sen marxe para se aprobar nesta lexislatura. Un total de oito entidades convocan unha concentración para o vindeiro sábado 9 na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón. Case tres de cada catro parroquias consideradas de alto risco de incendios en Galiza rexistraron algún lume ao longo de 2025. A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra denuncia a “ocultación” de información por parte da Xunta sobre as verteduras industriais de Ence e o estado ambiental da ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
23/04/2026 [10:00:00] [12.35 MB]
A Xunta da Galiza non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que dá a razón a ADEGA e obriga a recuperar a protección ambiental dos terreos previstos para a celulosa de Altri en Palas de Rei. Ao tempo, a Plataforma Mina Touro-O Pino Non denunciou tamén esta semana unha estratexia “intimidatoria” por parte da Xunta contra a veciñanza e os colectivos que se opoñen á reapertura da mina de cobre na comarca de Arzúa. Diversas entidades ecoloxistas solicitaron á Xunta a suspensión do concurso de pesca do salmón previsto para o 10 de maio no río Ulla, ao considerar que é incompatible coa situación grave da especie. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
16/04/2026 [10:00:00] [12.03 MB]
Máis de 2500 sinaturas esíxenlle á Xunta que declare o salmón galego "en perigo de extinción". O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso presentado por ADEGA contra a Xunta pola xestión do parque eólico do Acibal, malia recoñecer críticas á actuación da Administración. ADEGA e Mariña Patrimonio alertan do risco inminente que sofren varios bens arqueolóxicos na zona de Parada, en Outeiro de Rei, onde se están a realizar traballos forestais con maquinaria pesada e está prevista a plantación de eucaliptos. Todo isto e máis, en Radio Cerna!