15/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Recuperar a nosa memoria sobre a caza da balea en Galiza é o obxectivo do proxecto que promove a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e que trata de compilar un fondo documental sobre esta parte da nosa historia litoral. Unha das iniciativas que se enmarcan no proxecto é a Exposición "Galicia, no lombo da balea" que está no Auditorio municipal de Cangas ata o vindeiro xoves 18 de xullo.
12/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Os casos Prestige, Corcoesto, Lei de Costas, entre outros, formaron parte da actualidade ambiental galega da última semana. Coñece que pasou no eido ambiental de Galiza, aquí en Radio Cerna.
11/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Voluntarios e voluntarias desprazaranse con ADEGA ás praias de Porto do Son e Pobra do Caramiñal, os vindeiros 18 e 23 de xullo para eliminar flora exótica das dunas. Esta actividade enmárcase dentro do programa "Conservando as nosas dunas" que, entre outros obxectivos, busca mellorar as condicións de hábitat da píllara das dunas.
10/07/2013 [00:10:00] [5.75 MB]
A Xunta propón un plan para a conservación da píllara das dunas, unha ave recollida no Catálogo galego de especies ameazadas na categoría de vulnerable. Pese a que o planeamento é de obrigado cumprimento e necesario, segundo os ecoloxistas, estes consideran que é moi mellorable, xa que non ofrece garantías para a recuperación da especie nas dunas galegas.
09/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha Tese doutoral ofrece relevantes datos sobre a relación presa-depredador do poni ou cabalo salvaxe e o lobo en Galiza. É o primeiro traballo que afonda na ecoloxía do garrano e que analiza a súa situación actual. O garrano ou cabalo salvaxe galego é único no mundo e, sen embargo, a súa poboación está a esmorecer de xeito continuado e acelerado. Neste programa escoitamos as explicacións da súa autora, Laura Lagos.
08/07/2013 [00:10:00] [5.75 MB]
Un informe patrocinado pola Fundación Mapfre e elaborado polo equipo de pedagoxía e educación ambiental da USC revela que a sociedade española está preocupada polo cambio climático, maioritariamente, pero non lle outorga a relevancia que ten nin sabe que se pode facer para frealo. Falamos co director do estudo.