04/06/2014 [00:10:00] [5.75 MB]
Unha sentenza do Tribunal de Luxemburgo senta xurisprudencia sobre como se debe interpretar a Directiva Hábitats con respecto á execución de obras ou infraestruturas que potencialmente afecten os valores ambientais de Rede Natura 2000. En concreto, dito fallo, denegou a construción dunha autoestrada en Holanda que atravesaba hábitats protexidos por non considerala unha obra de interese xeral de primeira orde. Analizamos a sentenza coa profesora en dereito ambiental, Alba Nogueira.
02/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Máis de mil nenos e nesas do concello de Carballo aprenderán a compostar os residuos orgánicos producidos no eido escolar. Tres colexios deste municipio súmanse ao programa de compostaxe comunitaria de ADEGA que, co apoio do concello, pretende ensinar aos máis pequenos a aproveitar os residuos orgánicos como abono. Xosé Regueira, concelleiro de promoción económica en Carballo, explica neste espazo cales son as expectativas e as vantaxes deste programa educativo, que responde tamén a unha filosofía de cambio na xestión integral do lixo.
30/05/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita o máis destacado na actualidade desta semana das novas acontecidas en Galiza relativas ao medio ambiente e á ecoloxía!
28/05/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
O fracking ou fractura hidráulica para a captación de gas natural xa está a irromper no Estado español. Numerosos permisos de investigación para a explotacións de fracking xa se están a tramitar en diversos puntos da xeografía estatal. O asunto chegou ao Congreso no día de onte a través dunha proposta de Izquierda plural na que se instaba á prohibición desta práctica. O PP votou en contra e CiU, UPyD e PNV abstivéronse. O resto de partidos votaron a favor, aínda que non resultou ser a posición maioritaria. No obstante, días antes do debate no Congresto, 20 formacións políticas e máis de 40 organizacións sociais asinaron un manifesto no que se avoga pola prohibición do fracking.
26/05/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A III Edición da Limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA terá lugar os días 6,7 e 8 de xuño por todo o litoral galego. Esa fin de semana coincide coa conmemoración mundial dos Océanos. Este ano, esta actividade de voluntariado ofrece novidades! Descúbreas neste espazo!
23/05/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Recollemos neste espazo todos os acontecementos informativos máis destacados desta semana no eido ambiental galego.