17/09/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A vindeira semana comeza o III Foro de reflexión sobre a custodia do territorio organizada pola Fundación Fragas do Mandeo. Este programa de actividades conta con charlas e conferencias sobre aspectos a custodiar da comarca As Mariñas-Betanzos, sobre todo referidos á custodia fluvial, así como diversas actividades de voluntariado ambiental. Como novidade, preséntase a celebración da primeira eco-regata polo río Mandeo.
15/09/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Varias actividades de promoción e divulgación da custodia do territorio estanse a preparar para a vindeira e última semana de setembro. Entidades galegas de custodia tamén participarán nesta cita europea con este mecanismo de conservación en auxe e con un futuro prometedor. O voceiro da plataforma de entidades galegas de custodia contaranos cales van ser as principais actividades de divulgación e de voluntariado que van ter lugar nos vindeiros días no noso territorio. Tamén abordará os retos da custodia do territorio galego a día de hoxe.
12/09/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece a actualidade ambiental galega da última semana neste espazo de Radio Cerna!
10/09/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Centos de voluntarios e voluntarias participarán o vindeiro 28 de setembro na VII Limpeza simultánea dos ríos galegos organizada por ADEGA e Proxecto Ríos. O obxectivo será retirar de forma simultánea todo o lixo que se poida das marxes dos ríos de Galiza. O ano pasado chegáronse a retirar nunha soa xornada 10.000 quilos de residuos dos efluentes galegos.
08/09/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A apicultura urbana xa é unha práctica nas grandes cidades europeas e en Estados Unidos. No obstante, en Galiza e no resto do Estado español atópase cunha normativa restritiva que impide o seu desenvolvemento. A pesar do problema legal, están a xorder pequenas iniciativas nalgúns concellos galegos, impulsadas pola Asociación galega de apicultores, que buscan promover a apicultura nos ámbitos urbanos.
05/09/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Neste boletín informativo repasamos a actualidade ambiental en Galiza, acontecida nos últimos días. Infórmate de que pasa na túa contorna!