12/11/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Proxecto Ríos e ADEGA veñen de publicar un manual de custodia fluvial co obxectivo de trasladar á sociedade galega algúns mecanismos para poder custodiar ou adoptar un treito de río. O manual está dispoñible para a descarga no web de ADEGA e de Proxecto Ríos.
10/11/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
As 12 industrias máis contaminantes de Galiza duplican a media estatal en contaminación atmosférica. Ramón Varela, experto na materia, analiza cales son as industrias galegas máis contaminantes a partir do Rexistro público de Emisións contaminantes das industrias españolas.
07/11/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Damos repaso as novas ambientais máis destacadas na última seman en territorio galego. Escóitaas!
05/11/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
ADEGA e a Fundación Eira adquiron un castro na Ulloa para poñer a disposición da aprendizaxe e coñecemento colectivo sobre a preservación e coidado ambiental e patrimonial. O Castro de Remonde pretende ser un referente na formación mediante a Escola Carme Buxán, creada na honra da primeira arqueólogo que catalogou por primeira vez os castros do Deza e que finou recentemente.
Neste espazo abordaremos con Manuel Gago, coordinador do proxecto, en que consistirá esta nova experiencia de posta en valor do noso patrimonio.
03/11/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Tratará de converterse nun dos catalizadores da chamada "III Revolución Humana". A revista 15-15-15 nace coa pretensión de encauzar os contidos que se están a xerar na procura dunha civilización alternativa ao colapso ecolóxico e social que estamos a vivir. Dun dos promotores da exitosa "Guía para o descenso enerxético", xorde agora estoutra iniciativa que ten visos de acadar tamén unha importante repercusión social.
31/10/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita as novas sobre o medio ambiente galego que nos deixou esta semana...