Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

22/12/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

A ordenación do territorio galego: na busca de criterios

Neste espazo escoitaremos as reflexións do Catedrático de Análise Xeográfica Rexional da USC, Rubén Lois, sobre como evolucionou o ordenamento territorial de Galiza nas últimas décadas. Tamén indicará algunhas das claves que, desde a súa perspectiva de especialista, se deben de ter en conta á hora de ordear o territorio e que, sen embargo, se desbotaron.

19/12/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 19/12/14

Repasa con nós as novas da actualidade ambiental máis sonadas. Aquí en Radio Cerna!

17/12/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

As rarezas da evolución demográfica de Galiza

Nos últimos 35 anos, a poboación galega evolucionou cara a unha poboación estable, pero estudos do CSIC constatan certas particularidades na súa evolución que non se observan noutras poboacións de Europa. Neste espazo, a científica Mª Dolores Puga, revelará cales son esas "rarezas" da demografía galega, e como estas deberan servir para deseñar novas políticas territoriais, sociais e económicas.

15/12/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

O significado das árbores senlleiras da Chaira

O Instituto de Estudos chairegos, o Instituto Basanta e a Área de Cultura da Deputación de Lugo veñen de inaugurar a mostra "Escritos na floresta. Árbores senlleiras na cultura chairega", obra de Ricardo Polín, que tenta expresar os distintos significados que se deben preservar das árbores singulares da Terra Chá. Unha exposición itinerante que comeza o seu percorrido en Vilalba e que discorrerá por distintas localidades galegas co obxectivo de poñer en valor estes importantes bens patrimoniais e naturais que forman parte da nosa historia e da nosa memoria como Pobo.

12/12/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 12/12/14

Repasamos a actualidade ambiental máis recente neste spazo de Radio CERNA!

10/12/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

A nidificación e poboación de gaivotas no Baixo Miño

ANABAM vén de realizar un estudo sobre a nidificación das gaivotas no Baixo Miño, co gallo de saber se a poboación de gaivotas aumentou na comarca, cales son os lugares de aniñamento, se a nidificación inflúe no incremento da poboación e que medidas se poden desenvolver para evitar o maltrato das aves que aniñan nos tellados dos núcleos urbanos.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal