09/02/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
"En todas as mans" é un documental galego que pon valor a figura dos montes comunais e as comuneiras e comuneiros de Galiza. É o primeiro proxecto audiovisual que ten como obxectivo principal trasladar ao público xeral a importancia da existencia desta figura singular de propiedade que só exisen en Galiza e en Portugal, e que se adquire só se se vive no rural. "En todas as mans" descubrirá algunhas das ameazas ás que se ven sometidos os montes veciñais, entre outros motivos, por ocupar unha extensa superficie en Galiza (representan o 25% do territorio). En abril será a súa estrea.
04/02/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Charlas, obradoiros, talleres, ecoauditorías e outras actividades forman parte do programa de ADEGA "O lixo desde o teu concello" para concienciar á poboación do Barbanza na xestión sostible do lixo. O programa, que xa comezou, desenvolverase durante todo o ano 2015 tanto a través dos concellos como de entidades culturais, ambientais, educativas, etc.
02/02/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Recollemos neste espazo a visión da Asociación socio-cultura O Iribio, participante no I Encontro "Mobilización social na defensa do patrimonio" organizado por ADEGA, sobre o impacto da actividade mineira no Patrimonio de Triacastela, así como nos recursos de vida dos seus habitantes. Tamén dá conta da difícil situación na que se atopa arestora a preservación da Cova de Eirós.
30/01/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita as novidades máis relevantes do panorama ambiental galego a través deste espazo de Radio Cerna!
28/01/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Mariñapatrimonio fixo un repaso da súa historia e dos pasos que deu nos últimos anos para defender moitos dos elementos patrimoniais desta comarca litoral da provincia de Lugo. A súa experiencia é un exemplo de como a sociedade civil se pode especializar na posta en valor dos bens culturais e ambientais comúns. O colectivo participou no I Encontro "Mobilización social en defensa do Patrimonio" celebrado por ADEGA recentemente.
26/01/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Defender o Patrimonio pode contribuír a cohesionar a sociedade, favorecer a identidade e ofrecer unha oportunidade máis de desenvolvemento sustentable. No espazo Cerna de hoxe analizamos as vantaxes do Patrimonio e da súa reivindicación para a sociedade e o ambiente da man do profesor universitario Ricardo García Mira. A súa intervención tivo lugar no I Encontro "Mobilización social na defensa do patrimonio" organizado por ADEGA o pasado 16 de xaneiro.