08/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
O 80% dos residuos que hai no mar procede do interior, pero a porcentaxe restante xérase nos océanos. Un proxecto europeo no que participa a cooperativa de armadores do porto de Vigo tenta minimizar e reducir ao máximo o lixo xerado a bordo das embarcacións de pesca, promovendo a separación en orixe e favorecendo contedores axeitados ás dimensións das diferentes tipoloxías de barcos. Neste espazo Cerna coñecemos esta iniciativa que implica aos mariñeiros tamén na prevención da contaminación mariña.
06/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
O lixo mariño é un problema xeralizado en planeta, por iso son moitas as entidades e colectivos que a través do seu traballo buscan frear o problema, a través da educación ambiental, da ciencia, da sensibilización social... Recentemente, creouse no Estado unha asociación de entidades de todo tipo cuxo obxectivo fundamental é o de aunar forzas contra a problemática ambiental do lixo no mar. ADEGA forma parte deste movemento.
27/03/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Como todos os venres, en Radio Cerna repasamos a actualidade ambiental galega da semana. Convidámoste a escoitala!
25/03/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Xa pasou un mes desde que a colección de ourivería do lugués Álvaro Gil regresou ao Museo provincial de Lugo, logo de 14 anos de litixio xudicial. Este patrimonio deixou de estar á disposición da sociedade galega logo de estar depositado durante décadas na Sala do Tesouro do Museo. A súa volta está a ser moi ben acollida.
23/03/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
No Día da Árbore, ADEGA, dentro da campaña "Cousa de Raíces" chama a atención sobre o estado das denuncias realizadas na provincia de Lugo por plantacións ilegais, cambios de uso de terras e incumprimento de distancias. Do máis do milleiro de denuncias presentadas tan só o 16% adquiren sanción.
20/03/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita as novidades medioambientais que tiveron lugar no país esta semana!