Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

10/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Que lle pasa ao solo galego cando pasa de agrario a forestal?

A esta e a outras preguntas quixo dar resposta unha tese desenvolta no Instituto de investigacións Agrobiolóxicas e Galicia e defendida recentemente na USC. Se ben, o cambio de forestal a agrario e a súa incidencia no medio edáfico está máis estudado, esta investigación despexa algunhas dúbidas relativas ao impacto que sofre o solo de cultivo galego logo da súa transformación en terreo forestal, e nomeadamente con especies exóticas. Neste espazo falamos co autor desta tese, Félix Zorita.

08/06/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

A avespa do castiñeiro á agarda da loita biolóxica

Din os expertos que non hai outra forma de combater á praga máis recente e perigosa do castiñeiro que a loita biolóxica. A avespa do catiñeiro está xa estendida por toda Galiza desde que se detectara por primeira vez hai un ano. A súa rápida propagación fai que os produtores de castaña demanden unha intervención biolóxica masiva e inmediata. Sen embargo, o Ministerio de Medio ambiente non a autoriza, mentres non obteña os resultados dunha investigación que se está a desenvolver na Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Coñecemos os pormenores desta investigación co seu coordinadore e director da institución científica, Pedro Mansilla.

05/06/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 05/06/15

Repasa con nós a información ambiental que deixa esta Semana Mundial do Medio ambiente en Galiza!

03/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Cambio climático e enfermidades reumáticas

O clima e o cambio climático inflúen nas doenzas das persoas.  O INIBIC está a estudar como inflúe a mudanza climática nas enfermidades reumáticas. Segundo os expertos, segundo a doenza reumática que se teña, a influencia do quecemento global será positiva ou negativa. Escoitemos ao Dr. Francisco Blanco.

01/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Canto valen os bosques? O caso de Menorca

Unha enxeñaría ambiental deseña un método de cálculo para establecer canto valen os bosques, tanto polo seu valor produtivo, como ambiental ou social. A través desta metodoloxía determinou que os bosques de Menorca valen cando menos 540 millóns de euros, o prezo que suporía suplir todos os beneficios e servizos que reporta. Entrevistamos a un dos autores deste estudo.

29/05/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 29/05/15

Neste espazo repasamos as novidades da actualidade ambiental desta semana no territorio galego. Non o perdas!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal