Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

24/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

As consecuencias no ambiente do escuro TTIP

O Tratatado Transatlántico de Comercio e Investimento entre a UE e os Estados Unidos pode acarrear prexuízos irreversible para o noso medio ambiente. A lexislación europea de carácter ambiental e de seguridade alimentaria podería quedar sen efecto con enormes consecuencias para a protección ambiental e tamén para a nosa saúde. En Galiza, Amigos da Terra está a abandeirar esta loita contra o TTIP como parte das diversas plataformas sociais creadas en toda Europa para responder ás pretensións políticas que apoian este documento non público.

22/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Lugoterra: o portal do turismo natural de Lugo

Lugoterra.com é o primeiro portal web para o turismo natural da provincia de Lugo. Foi elaborado pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo en 2013 co obxectivo de concentrar nun único escaparate toda a oferta turística da provincia destinada a aqueles visitantes que queren gozar da paisaxe diversa e do inmenso patrimonio natural e cultural dos seus catro xeodestinos.

19/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 19/06/15

Repasamos as novas ambientais de Galiza da última semana. Tan só en 10 minutos coñece o que está a acontecer no teu medio!

17/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Experiencias sostíbeis no monte galego co porco celta

Varias experiencias que se están a desenvolver no monte galego relacionadas co porco celta están a demostrar que son sustentables desde o punto de vista ambiental, social e económico. Neste espazo descubrimos en que consiste un método innovador de manexo de porco celta nos montes galegos promovido pola Asociación de criadores e produtores de porco celta, Asoporcel. Estas experiencias aparecen recollidas na publicación elaborada dentro da campaña "Cousa de Raíces" titulada "Experiencias sostíbeis no monte galego".

15/06/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Experiencias sostíbeis no monte veciñal: Montes de Carballo e Paraños

Neste espazo e no do mércores abordaremos varias experiencias que se están a desenvolver no monte galego que son sostibles e que escapan do modelo produtivo convencional do monte como produtor de madeira de crecemento rápido. Son algunhas das iniciativas recollidas na publicación "Experiencias sotíbeis no monte galego" promovida por ADEGA e outras 50 entidades, dentro da campaña "Cousa de Raíces" a prol do bosque galego. Hoxe coñecemos as experiencias dos montes veciñais de Carballo (Friol) e de Paraños (Covelo).

12/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 12/06/15

Como todos os venres, hoxe repasamos as novas ambientais máis relevantes da última semana. Coñéceas!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal