Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

05/10/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Camiño do Sol: mobilización dos estafados no investimento en enerxía fotovoltaica

"Camiño do Sol" é como se chamou á marcha de persoas investidoras en enerxía fotovoltaica que chegou hai poucos días a Santiago para reivindicar un novo modelo enerxético que prime ás enerxías renovables e que non endebede aos seus investidores. Os protagonistas desta mobilización séntense estafados polo Estado que, nun principio animou á sociedade a investir en enerxía fotovoltaica, pero que nos últimos anos aprobou reformas lexislativas que están a converter en insostibles estes proxectos. En Galiza hai 2.500 familias afectadas.

02/10/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 02/10/15

Neste boletín informativo recollemos as principais novas acontecidas nesta semana no eido ambiental galego. Non o perdas!

30/09/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Spallanzani e morcegos en Galiza

O biólogo galego Roberto Hermiga publica un libro de curiosidades sobre morcegos que amosa o lado máis divertido e enigmático destes animais nocturnos, ademais de achegarnos á figura do científico Lazzaro Spallanzani. Neste espazo de Cerna falamos desta publicación e tamén abordamos a siutación dos morcegos en Galiza.

28/09/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Galiza e a contaminación lumínica

A ONU declarou 2015 como o Ano da Luz e das tecnoloxías relacionadas coa luz. Por iso a USC vén de realizar un curso sobre contaminación lumínica para formar a expertos na materia que deseñen baixo a óptica da sostibilidade os alumeados públicos. Salvador Bará, coordinador deste curso e profesor de física aplicada na Universidade compostelá, fala hoxe para Radio Cerna sobre a contaminación lumínica en Galiza.

25/09/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 25/09/15

Escoita o repaso da actualidade ambiental en Galiza da última semana, aquí en Radio CERNA!

23/09/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

VIII limpeza simultánea de ríos galegos

Este domingo, 27 de setembro, ADEGA e Proxecto Ríos de voluntariado de custodia fluvial, convídanos a unha nova edición da Limpeza simultánea de ríos galegos na que está previsto que participen máis de 40 colectivos e entidades voluntarias para a recollida de residuos que foran depositados nas marxes ou leitos dos nosos efluentes. Para coñecer máis sobre esta actividade, escoita este espazo...

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal