21/10/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
"A loita contra a avespa asiática non avanza", así é como o manifestan os apicultores que reclaman a atención da Xunta para mellorar o protocolo de control e promover un equipo de investigación que deseñe medidas efectivas contra a propagación desta praga. Xesús Asorey, secretario de AGA, explícanos como está a evoluír a loita contra a avespa invasora e as demandas dos apicultores galegos ao respecto.
19/10/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
ADEGA chama a atención sobre os danos colaterais que está a sufrir a avespa común e europea (crabro) por mor da loita contra a invasión da avespa asiática. O colectivo denuncia que moitas accións de eliminación de niños están a actuar contra niños de avespa autóctona ante o descoñecemento polo persoal executor das diferenzas coa avespa velutina. Demanda que se informe á cidadanía e a todo os axentes implicados na eliminación de niños para que a identificación da avespa invasora sexa correcta.
16/10/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Repasa connosco a actualidade ambiental galega en tan só 10 minutos!
14/10/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
A plataforma fumigacionsnon.org e Rural contemporánea lanzan a campaña #libresdeglifosato para que a cidadanía presente mocións nos seus concellos para a prohibición do uso do glifosato na fumigación de espazos públicos. Neste espazo de Radio Cerna coñecemos a campaña e as ferramentas que nos ofrece para facer cumprir o noso dereito a non ser fumigados con este tipo de químico tóxico, que se aplica indiscriminadamente en espazos públicos, pese a ser recentemente declarado como "potencial carcinóxeno" pola Organización Mundial da Saúde.
09/10/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Repasamos neste espazo a actualidade ambiental da semana en Galiza.
07/10/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Este venres, ADEGA coa colaboración da Consellaría de Medio Ambiente, dará a coñecer a situación ou estado de conservación da píllara das dunas. Convoca a toda a cidadanía a asistir a unha xornada de divulgación sobre esta ave protexida que terá lugar no Centro de Visitantes do PN das Illas Atlánticas. Expertos e coñecedores da píllara estarán presentes para reflexionar e propoñer actuacións de mellora do0 estado de conservación desta ave emblemática dos areais galegos.