03/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
No espazo de hoxe entrevistamos a tenente alcalde do Concello de Pontevedra pola prórroga que o Ministerio de Medio Ambiente vén de outorgar á pasteira de ENCE para a súa permanencia na ría por outros 60 anos. Carme da Silva insta ao Congreso a tomar medidas.
01/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O anuncio da prórroga de ENCE caeu como unha xarra de auga fría entre os colectivos, entidades e institucións contrarias á súa permanencia na ría máis alá de 2018 e que conforman o movemento "Ence fóra da ría para sempre". Aínda así consideran que aínda se pode facer algo para frear o que cualifican a "sentenza de morte" da ría pontevedresa. Falamos coas asociacións ADEGA, APDR e Salvemos Pontevedra.
29/01/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita este espazo de Radio Cerna para coñecer as novas ambientais máis destacadas desta última semana: prórroga de Ence, lei acuicultura, nova sentenza do Prestige...
27/01/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Xesús Horacio García, un xeógrafo lucense, vén de gañar o I Premio Manuel de Terán pola súa tese sobre a xeomorfoloxía dos ríos galegos. É a primeira tese que se realiza sobre xeomorfoloxía fluvial en Galiza. A erosión, arrastre, sedimentos ou transporte dos ríos galegos analizados permiten predicir o comportamento dos ríos ante posibles actuacións ou intervencións humanas, por iso, o investigador galardoado insta a que a xeomorfoloxía sexa un parámetro ineludible na planificación fluvial. Os encoros, segundo o investigador, son o factor artificial que máis incide no bo estado xeomorfolóxico dos ríos.
25/01/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O Proxecto Landra intenta promover iniciativas que busquen o equilibrio entre a industria e o patrimonio forestal galego. O primeiro paso foi recompilar os datos sobre o inventario da superficie con especies autóctonas e exóticas, e os datos son alarmantes. O segundo é poñer a andar un laboratorio vivinte no que se experimenten xeitos de produción sostibles e tamén rendibles. Escoitamos ao seu promotor.
22/01/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece con Radio Cerna a actualidade ambiental galega. Preme e escoita!