Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

20/04/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

A nova normativa de benestar animal, segundo as protectoras

A nova lei galega de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade vén de pasar polo trámite de exposición pública, no que se presentaron centos de alegacións. As protectoras de animais representan gran parte dos axentes alegantes. Hoxe coñecemos con elas, os pros e os contras desta nova normativa tan agardada. Aínda que con respecto a 1993, esta nova lei ofrece avances, tamén se observan por parte das organizacións defensoras dos animais moitas ausencias ou faltas de regulación que son necesarias e o mantemento dalgúns conceptos prexuizosos sobre os animais.

18/04/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Reganosa enfróntase a unha nova sentenza do Supremo en contra

O Tribunal Supremo volve fallar en contra de Reganosa. Desta volta, anula a Autorización administrativa previa outorgada á planta de gas polo goberno de Xosé María Aznar en 2002. Con esta xa son dúas as sentenzas do Alto Tribunal que poñen en cuestión a legalidade da planta. Falamos con Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol para coñecer as repercusións deste novo fallo.

15/04/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 15/04/16

A actualidade ambiental galega en 10 minutos! Coñece as novas que nos deixou esta semana no eido ambiental!

13/04/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

Tratamento dos plásticos agrícolas en Galiza

Desde o ano 2004 a Xunta de Galiza impulsou o Plan de tratamento dos plásticos agrícolas. Este programa diríxise a recoller e tratar todos os plásticos de ensilado e horta xerados no territorio galego co fin de darlles unha nova oportunidade e novos usos. Neste espazo de Radio Cerna falamos cun representante dunha das empresas xestoras autorizadas para a xestión deste tipo de residuos para coñecer que proceso seguen para a súa recuperación e que evolución sufriu desde 2004 a súa recollida e tratamento.

11/04/2016   [00:10:00]   [5.76 MB]

Un bosque para unha bolboreta

A bolboreta Charaxes jasius é propia de climas mediterráneos e do norte de África, sen embargo, tamén se atopa no Baixo Miño. O achádego desta especie de bolboreta no sur de Galiza no ano 2005 e os riscos que tiña de desaparecer na comarca promoveu o proxecto "Un bosque para unha bolboreta" polo colectivo ANABAM. Grazas a este proxecto, que está a piques de cumprir dez anos, hoxe a Charaxes jasius xa é unha bolboreta común no Baixo Miño.

08/04/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 08/04/16

Repasa con nós a actualidade ambiental desta semana en Galiza, que deixa importantes resolucións xudiciais... Escóitanos!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal